sábado, 24 de abril de 2010

Protección de datos

Cando xa pensabamos que están todas as cartas encima da mesa, temos unha novidade de última hora: apareceron os dous cataláns "promotores" do xeriátrico da Pedra. Aparecen agora, catro anos despois do pufo que lle meteron á parroquia.

Estes dous desvergoñados contactaron comigo, Manuel Villar Villar, Portavoz da Plataforma para a Defensa dos Intereses da Pedra e autor deste blog, hai uns días por teléfono. O motivo da chamada foi ameazarme cunha denuncia por publicar datos seus neste mesmo blog, aducindo que vulneraba a Lei de Protección de Datos, LOPD. Despois de negarme a facelo, ofrecinme a ter unha reunión con eles, xa que aseguraban estar en Cariño. Eles negáronse a isto último.

Sobre a lei de protección de datos, infórmolles que a información aquí ofrecida é absolutamente legal e pública. Os datos de Miguel López Ten foron obtidos, entre outras fontes, da web "eInforma" e poden ser comprobados por calquera persoa que acceda a internet de xeito gratuito. Esa web limítase a recopilar a información que ofrecen os rexistros mercantiles, que por forza debe ser pública. Por outra banda, a escritura fora elevada a público. Membros da Plataforma pagaron as tasas correspondentes no notario para obter a súa copia, de xeito totalmente legal.

A lei de protección de datos non afecta á información publicada nesta web, xa que é toda absolutamente pública e legal. Ademáis de legal, aparece nos principais buscadores de internet, e ése debe ser o motivo de preocupación dos cataláns. Seguramente estaban a preparar outra "operación" das súas e atopáronse con que alguén deu con esta web e veu o percal. Se é así, esta web xa terá servido de algo.

Recordamos que toda a documentación sobre o xeriátrico, así como a relación de empresas das que Miguel López Ten é administrador está na entrada: "Escritura do xeriátrico". A outra persoa implicada, que tamén aparece na escritura do xeriátrico, é José Álvarez Pais. Os dous, súbditos cataláns.

Veremos como se vai desenrolando toda esta trama, que parece ter ramificacións cada vez máis complicadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario