miércoles, 10 de marzo de 2010

As fotos da vergoña



As fotos que se mostran aquí foron tomadas no seu día coa cámara do fillo do Portavoz da Plataforma para a Defensa dos Intereses da Pedra, daquela en proceso de constitución. O autor das fotos é o actual presidente da CMVMC e da Asociación Familiar da Pedra, a teupa, Fernando Quiza.

Estas fotos foron presentadas da Delegación da Consellería de Medio Rural da Coruña como proba do abandono no que están, e ainda seguen, os montes e a canteira da Comunidade. Grazas a elas paralizouse a corta de madeira que estaba a realizar a directiva anterior, que tiña como obxectivo desviar os cartos desa corta a unha Fundación creada por eles (ou unha FUNDICIÓN, como dixera algún veciño entendido en caciquismo).

A corta desa madeira foi reasignada a dedo polo actual Presidente. El, que tanto protestou diante nosa por esa corta, continuouna sen dar explicación ningunha nin sobre o adxudicatario nin sobre o proceso de replantación, que nos tememos que non existe.

Desde a Plataforma movémonos daquela para conseguir varias subvencións. Entre elas unha que permitiría ter dous traballadores para o mantemento indefinido dos montes da parroquia. Ademáis do xa mencionado medio millón de euros para a plantación de fungos na parroquia. Nada se sabe da continuación deses trámites por parte da nova rectora.


A Canteira

Da outra novidade que nos enteramos na Coruña foi da responsabilidade que ten a empresa PASEK, concesionaria sobre a parcela da actual mina. Tanto de imdennizar á Comunidade aínda que non a use, como de cubrila e tela preparada. Desde a Plataforma exiximos a inmediata posta ao día deste tema, incluíndo a percepción dos atrasos dos últimos exercícios.


Valoración da actual xunta

No ano e pico que levan no poder, o que levan feito é:

NADA

0 km. de pistas, 0€ de subvencions, 0 hectáreas de superficie plantada... e así suman varios ceros. Iso sí, suman varios de ceros á dereita de toneladas de madeira cortadas, así como de cartos percibidos por varios conceptos.

O primeiro que dixo Fernando Quiza o día da votación foi: "non vamos pedir para as festas". Foi algo que dixo diante de toda a parroquia. Xa se veu. Tamén se ve en que quedou o resto do seu programa eleitoral: papel mollado.


Pistas

Consideramos de importancia capital a realización da pista que permita circular ata o local da Terceira Idade. O presidente actual négase a realizar xestión algunha sen dar motivo ningún. Pola nosta parte, non imos permitir que se realicen pistas que só benefician a uns poucos cando hai obras de grande urxencia que non poden esperar como é o caso desa pista.


Política

Sabemos que a nova xunta rectora ten como estratexia relacionarnos políticamente co actual Alcalde de Cariño. Pola nosa parte, é certo que algún membro da plataforma simpatiza co PSOE de Cariño, pero tamén hai outros que simpatizan coa extrema dereita ou co separatismo radical. Por suposto, non imos dar nomes. O motivo que une a xente con tan diferentes formas de pensar é que nunha aldea non hai espazo para a ideoloxía. Deféndemos os intereses da parroquia concretos sen meternos en parvadas que non levan a nada.

Declaramos explícitamente que a nosa Plataforma non ten nada que ver coa política do Concello. Nin recibiu apoio, nin o prestará a ningunha formación política.

Advertimos tamén que se unha forza política que queira apoiar á banda de cuatreiros que saquea a parroquia pode saír moi perxudicada e a súa reputación moi danada.


Xustiza

Aclaramos que actualmente están abertas varias causas pendentes para aclarar o que sucede na Pedra. Ante a fraqueza da lei de Montes en Man Común pode ser que algunha delas se arquive e as máis delas se retrasen. Ante isto só temos que dicir que o arquivo dunha causa non determina a inocencia dos acusados, se non a falta de indicios, probas irrevocábeis ou elementos de xuízo que condenen ás persoas que se xulgarán. Só unha sentencia exculpatoria sobre os feitos que aquí se expoñen o faría.


Soborno

Fernando Quiza manifestou en varias ocasións a súa negativa a participar na xunta xestora da CMVMC da Pedra. De feito, o día anterior ás votacións estivo con nosoutros sen comentar nada acerca da súa candidatura. Actualmente ten o apoio público da anterior rectora e négase a realizar ningunha auditoría. Por este feito, e outros anteriormente comentados, deducimos que foi comprado pola anterior rectora para encubrir o seu desfalco.

Fernando,
¿Canto che pagaron?

¿Realmente cres que merece a pena seguir tapándoos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario