lunes, 1 de noviembre de 2010

Encubridores

No pasado mes de Outubro celebrouse a asemblea da Asociación Familiar da que demos conta na entrada anterior. A asistencia, como é habitual nestas asembleas foi escasa e composta na sua maior parte por xente con lazos familiares ou económicos coa actual rectora.

O punto de maior relevancia, como xa adiantáramos foi a votación por parte dos asistentes e a man alzada da contratación da consabida avogada para comezar un longo e penoso trámite administrativo. Nosoutros pedimos que se recurrira pola vía penal a anulación do contrato por levar a sinatura dunha "secretaria" non electa, pero a rectora non accedeu de ningún modo a realizar esa votación.

Pero desta vez, temos unha novidade: un viciño gravou a asembleia íntegra e gustosamente cedeunos esa gravación, coa que non contábamos. A calidade é máxima e distínguense perfectamente as voces de todo o mundo. Desde aquí agradecémoslle que nola cedera para amosar na web.

O primeiro vídeo, e a primeira confesión de delito é esta:




Pódese escoitar claramente como a partir do minuto 1:00 se admite que a firma do terreo foi falsificada, como é admitido por varios membros da rectora e da asemblea e como o secretario (o primeiro que fala) intenta "maquillar" descaradamente o asunto. A rectora está utilizando á xente para exonerar aos seus parentes, que tamén aparecen na gravación autoexculpándose. Aquí pódese comprobar a honradez desa xente.

A votación na que se aproban os pleitos, que tamén está gravada, é unha mostra de tendenciosidade e mala fe, dándolle a escoller á xente entre o xuízo administrativo longo (os "pasos" di o secretario) ou asinar outro contrato cos cataláns. Non deron outra opción nin permitiron que se votara en urna. Por certo, haberá que mirar de onde van sair os cartos para o pleito, con sete euros de cuota por socio ao ano.


Situación actual

Como resultado disto, a rectora condena á parroquia a quedar sen terreo, sen xeriátrico e sen cartos durante os próximos anos. A responsabilidade de que iso sexa así é única e exclusiva da actual rectora, que prefire exculpar e gastar os cartos da parroquia en defender aos seus familiares ainda que iso lle vaia causar un serio perxuízo á parroquia.

Noutros momentos da asemblea, membros da diretiva admiten tamén outras cousas, que talvez non admitirían se souberan que estaban sendo gravados. Gustaríanos coñecer que vai poñer o secretario na acta diso, porque a lectura previa da acta da asemblea anterior foi totalmente tendenciosa.

Por temas de tamaño (ocupa un DVD enteiro), non a podemos subir enteira, pero si que tentaremos ir subindo o que poidamos. Veremos se podemos empregar esta proba nun xuízo, ainda que sexa só como indicio. Pola nosa parte, cremos que é o noso deber informar do que está a suceder na parroquia co máximo rigor posible. E maior rigor que unha gravación non se pode dar.