martes, 24 de noviembre de 2009

Resume da última Asamblea da Pedra









Pulsar sobre as imaxes para ver os documentos.












Estas son as contas das festas da Pedra presentadas na última asamblea da Asociación de Veciños celebrada o día 22 de Novembro. Expóñense públicamente aquí porque A XENTE TEN DEREITO A COÑECELAS.

As contas expóñense tal e como foron presentadas, sen manipulación e sen textos resaltados.

O que máis chama atención destas contas son os máis de 2000€ que se pagaron á xente que foi pedir donativos. Decláranse como "Traballo de...". Houbo xente que cobrou en ocasións máis de 500€, sen contrato nin seguro.

Desde a Plataforma maniféstase a nosa profunda indignación por ese feito. Nunca a comisión de festas da Pedra, da que formaran parte en anos anteriores membros da Plataforma, cobrara un peso por percorrer a parroquia.

Os membros da Plataforma sempre pagaron do seu propio peto todos os gastos, houbera que ir pola parroquia ou ata a Coruña e sempre rexeitaron os donativos que lles foron ofrecidos. A xunta rectora non ten ningunha xustificación para pagar a ninguén por ir pedir.

Desde a Plataforma tememos que detrais deste feito se oculte a intención de organizar unha nova REDE CACIQUIL na parroquia, onde os afíns ao poder reciban gratificacións pola súa lealtade e se lle dea esta mensaxe á xente: "SE ESTADES CON NOSOUTROS, ALGO VOS PODE TOCAR".

Outro punto que chama a atención é a ausencia de numeración nos recibos dos donativos. Sen numeración non se poderá saber nunca a cantidade recibida polos cobradores.


A Asamblea

Entre os temas tratados destacan:

  • O Presidente amosa a súa disconformidade coa Alcaldía, considerando que discrimina á parroquia, opinión compartida por moitos dos seus veciños.
  • O pleito para recuperar o terreo do xeriátrico custaría arredor de 8000€. A Plataforma exixe que sea o anterior Presidente e non a parroquia o que asuma eses gastos.
  • A Asociación ten previsto realizar varias pistas seguindo o seu propio criterio.
  • A rectora actual continúa a traballar coa avogada que cobrou os 17000€ (retención incluida) da Comunidade de Montes. Seguen o camiño dos anteriores.
  • Ante a solicitude de varios veciños de amosar as contas do cementerio, a rectora actual négase a facilitar as contas da Comisión Xestora.
A Plataforma entregou a seguinte nota informativa, que o presidente leu en alto, como é o seu deber:



A asistencia á Asamblea foi mínima, unhas trinta persoas, na súa maior parte favorábeis á xunta rectora, polos motivos enunciados antes. O resultado da asamblea foi a aprobación de todos os puntos propostos pola xunta rectora. A xente da Pedra é maior e moita dela non ten gana de asistir a este tipo de abusos.


Autoritarismo


Antes de comezar a asamblea produciuse un feito bochornoso para toda a parroquia. O presidente expulsou da Asamblea a un fillo do Portavoz da Plataforma pola Defensa dos Intereses da Pedra. O argumento: a Asociación é unha entidade privada e el non era socio.
Antes de retirarse pacíficamente, tivo tempo de tirar unha foto e capturou o momento.

O valor que durante tanto tempo non tiveron para enfrentarse aos de chupaban antes, téñeno agora para botar fóra ao fillo dun veciño que intentar aclarar e amosar a verdade á parroquia.


Aclaración final

A esta situación chégase pola cantidade de tropelías cometidas polos anteriores e amenaza con continuar no futuro. Se se fixeran as cousas ben e non houbera a intención clara de tapar o saqueo anterior, este blog non existiría e a parroquia estaría en paz.

Por outra banda, ante os rumores de ser esta unha campaña organizada pola actual corporación municipal, a Plataforma négaos taxantemente. Esta plataforma está composta por xente de moi diferentes ideoloxías, unidas por un interese común: a defensa dos intereses da parroquia. A Plataforma non favorece nin perxudica a ningún partido concreto: simplemente expón os feitos e os documentos para que sexan coñecidos por todos os interesados, isto é, a xente da parroquia da Pedra e outras parroquias veciñas.


Manuel Villar "Cabaleiro"
32.605.341N



No hay comentarios:

Publicar un comentario