martes, 15 de noviembre de 2011

3 anos perdidos

A punto de cumplirse 3 anos da complicada asemblea na que saliu elixida a actual rectora, todo segue igual. As melloras na xestión, por moito que digan, foron mínimas. Na última asemblea da comunidade de montes, a rectora repartiu a "documentación" dos últimos anos. Nela pode comprobarse que os anteriores diretivos roubaron a mares, e iso que falta documentación e falta o detalle da madeira vendida... Eses documentos, totalmente inválidos a nível legal, están circulando pola parroquia e son escandalosos.

A xente que realizou o paripé de presentar uns documentos incompletos, con numerosas omisións e irregularidades, non ten a preparación necesaria para realizar unha auditoría. Iso é evidente, por moito que se intente presentar como unha "limpeza" e un aclarado de contas. O que é: un blanqueo.


Parece que todo sigue igual. E para mostra isto:

Subasta de madeira (pulsa para baixar o Diario Oficial de Galicia co detalle das subastas)

Así é como se entera a parroquia da Pedra de cando e como se vai vender madeira. a través do DOG. Aínda que sexa a través da Xunta, o deber da rectora é convocar unha asemblea para informar da corta.

Para a venta anterior, a rectora "buscara" unha empresa, formalizada no momento exacto da subasta, "A Miranda, S.L.". Empresa da que a día de hoxe non se sabe nada. Por certo, cobrouse esa madeira? Foron eles os que buscaron esa empresa.

Outra cousa máis, a madeira que vai vender a rectora non está certificada. A de Landoi, que tamén vende, ainda que por outros motivos que figuran no documento, sí que o está e por iso vale máis e o proceso ten máis garantías.

Aquí pódese comprobar cal e a madeira certificada do Concello de Cariño e tamén do resto de España, para a quen lle interese. A rectora tivo 3 anos para certificar os montes, pero non tivo interese ningún en facelo. En facer o paripé das "contas", si que tiveron interese. Se os montes están certificados, os comuneiros poden pedir as pesadas dos camións e a orixe. E iso sí que non interesa.

O que debían contarlle á xente é que o plano que cobrou o chupatintas de enxeñeiro forestal que trouxeron, xa non vale. Ese enxeñeiro cobrou o plano dúas veces como mínimo, unha da Xunta e outra da Pedra. Para a certificación fai falta outro Plan Forestal, adaptado ás necesidades das certificacións PEFC e FSC.

Para a xente que queira enterarse de como funciona o tema da certificación forestal, que é o futuro queiran ou non, temos aberta a oficina forestal de Forestal Villar os sábados pola tarde.

Seguiremos informando, ainda que sea a través do DOG.




domingo, 8 de mayo de 2011

Asemblea en plena campaña electoral

O próximo domingo día 15 celebrarase unha nova asemblea da comunidade de montes da Pedra. Xusto unha semana antes das eleccións municipais. De todas as semanas do ano, a diretiva foi escoller a menos indicada, ainda que iso para eles xa é o normal.

Desta vez, enviáronlle a todo o mundo as contas, que por suposto son un desastre: aparecen mezclados conceptos das festas, do cementerio, etc... Iso si aparece tamén o que cobraron por talar os pinos, que é unha mínima parte do que destruiron en riqueza micolóxica (setas). O lógico sería que as partidas estiveran desglosadas e foran aprobadas previamente pola asemblea, en vez de aparecer todo mezclado con evidente intención de confundir. Tamén aparecen gastos bastante sospeitosos, como 1000€ en gasto de impresión de carteis para as festas. Tristemente xa son normais esas trapalladas.

Ademáis tamén figura o IVA (os cartos de momento non aparecen) dunha tala feita por unha tal empresa "Explotacións Forestais Miranda, S.L". Os datos dela son públicos, pulsando sobre o enlace aparece que foi creada en febreiro de 2010 e que ten a sede social no domicilio dun particular ben coñecido de Cariño. Pouco despois de crearse "gañou" o concurso feito pola rectora, concurso do que só se sabe que "foi a que mais deu". A diretiva non se molestou en dar datos nin de prezos nin de cantidades nin se houbo ofertas doutras empresas e cales foron. Ata teñen a cara de chamarlle igual que a comunidade de montes.

Como dato positivo, vaise tratar o tema da certificación forestal e presentarase un proxecto para un circuito deportivo. Falaremos diso nas próximas datas.

martes, 29 de marzo de 2011

Embaucadores

Estes fragmentos corresponden á última asemblea da Asociación Familiar da Pedra, non confundir coa Comunidade de Montes. Nesta asemblea foi votada a expulsión do autor deste blog (tranquilos, da comunidade de montes no me poden votar). Antes de comezar, presentámoslle un escrito ao presidente pedíndolle a votación en urna de todos os puntos, por seren de capital importancia para a parroquia.



O presidente, como se escoita, négase a atender o escrito como era o seu deber e faino de malos modos. Nós pedimos a votación en urna porque entendemos que as votacións a man alzada son coercitivas. Caciquismo en estado puro.

Cando ofrecemos fragmentos das asamblea sempre son de varios minutos, o máis pequeno é de o anterior. Non son frases sacadas de contexto, son cousas que se falan na asemblea porque son de dominio público. O seguinte é un fragmento do máis repugnante e falso que apareceu ata agora.



Os documentos que se presentaron, ademáis dun extracto bancario con numerosos movementos irregulares, foron:







Non teñen ningún pudor en amosar públicamente que non existen xustificantes dos gastos en que estivo a diretiva anterior. Todos os reintegros do extracto bancario que presentan están sen xustificar. Quen os meteu o peto, entón? Facían falta tantas horas para presentar tres follas escasas e con letra abultada? Que estaban tratando ata esas horas da mañá, a ver quen puña a cara para xustificar o desfalco?

É difícil ser máis falso que Fernandiño. Non nos extraña que vaia facer dous váteres no campo da festa: leva limpando a merda dos demáis desde que entrou de presidente.

E ainda hai outa máis: no "detalle" dos gastos aparecece que para un ano só teñen o xustificande por "fotocopias" de... Fátima Ojea Barcón, a famosa avogada que emprega a xunta rectora para todo tipo de servizos. Nesta asemblea votouse a man alzada que ela vai levar levar a defensa da diretiva nos pleitos do xeriátrico.

E entón lembramos este momento dunha asemblea pasada:



Aquí asistimos a unha mentira flagrante: esa avogada xa estaba cando se redactou o proxecto. Vai ser a mesma avogada que lle meteu o pufo do xeriátrico a que "rescate" o terreo, por un módico prezo, claro. A mesma avogada que cobrou 17000 euros da comunidade de montes polo pleito que discrimina aos veciños de Cariño, que non poden ter nin comunidade propia nin pertencer á da Pedra gracias a ela é á directiva que lle pagou. Ese feito é algo que os veciños das parroquias veciñas quizabes deban ter en conta cando se vaia pedir para as festas da Parroquia.

Seguiremos falando e poñendo gravacións tanto da AAVV como da Comunidade de Montes, porque entendemos que se trata de asociacións de caracter público, que tratan temas que afectan a todo o mundo e non só aos seus socios. Reciben abundantes subvencións públicas para e teñen beneficios (exención de impostos, por exemplo). Por ese motivo, entendemos que a súa xestión debe ser TRANSPARENTE e todas as súas actividades deben ser transparentes.

Por outra parte, enorgullecémonos de que por fin se fixera a rampa de acceso ao escolar vello foi feita gracias a unha recollida de firmas feita no seu día pola Plataforma pola Defensa dos Intereses da Pedra, e que foi finaciada pola Administración.

Por último, non faremos ningunha valoración dos procesos xudiciais que están en curso ata que non haxa sentencias definitivas. Pero o máis importante é que se coñeza isto, para que se saiba quen é cada quen. O blog recibiu centos de visitas e permítenos facer presión para que se faigan cousas na parroquia, que levaba anos estancada.

Seguiremos.