miércoles, 23 de diciembre de 2009

O solar do "xeriátrico"

Como ven sendo habitual nas imaxes, pulsade sobre ela para vela en grande.

Ésta é o recibo da contribución do solar do famoso "xeriátrico" ao que puideron ter acceso membros da Plataforma. Trátase do recibo polo ano 2008, polo que o terreo xa estaba transferido a os dous cataláns: Miguel López Ten e José Álvarez Pais. Polo tanto, a parroquia da Pedra está pagándolle a contribución a eses dous elementos.
Para ver o terreo no visor do catastro pulsade aquí:

Podedes comprobar que é ese introducindo a referencia catastral na Oficina Virtual do Catastro: http://www.catastro.meh.es/.

Outra cousa que chama a atención é que ese terreo está a nome dunha tal "Asociación de Veciños A Pedra". A asociación da Pedra non é de veciños, senón "Familiar" como se indica en toda a documentación que emite. Trátase, polo tanto dunha asociación que ou non existe, ou se existe é secreta. Polo tanto, enviámoslle unha mensaxe aos responsábeis desa "asociación de veciños": queremos entrar nela e presentarnos á presidencia.

Isto forma parte do entramado que tiña montado a xunta anterior, e que persiste con esta. Escurantismo no que se presentan asociacións familiares, de veciños e de montes de veciños, familiares de veciños, etc... Todo para confundir.

Seguiremos presentando documentación durante o ano que vén. Para que a teñades a mao, aparecerá en breve nun cadro da barra lateral ordeada por data de presentación.

Bo Nadal a todos os lectores. E feliz 2010 a todos os que contribuídes a difundir a loita anti-caciquil, tanto na Pedra como fóra dela.

domingo, 13 de diciembre de 2009

A Plataforma pola Defensa dos Intereses da Parroquia da Pedra



Esta é unha foto histórica: foron as primeiras eleccións democráticas celebradas o día 23 de Novembro de 2008 na Comunidade de Montes da Pedra. O fotógrafo xornalista fora enviado polo Diario de Ferrol para cubrir o evento, e foi publicado na edición do xornal o luns seguinte. A fotografía foi tomada con total liberdade durante o transcurso do acto e nin a mesa nin os asistentes se enteraron, tal e como debe ser nunha fotografía tomada nun acto público.

Na foto aparecen, ademáis da persoa máis vella e a máis nova que conformaron a mesa electoral, varios membros da plataforma, daquela en fase de constitución, Leonardo Pérez Yáñez, Manuel Villar Villar e Fernando Quiza Luaces, candidato "sorpresa" presentado no último momento. Máis á dereita estaría o candidato proposto pola Plataforma, que non aparece na instantánea.

Esta é unha das accións realizadas polos membros da Plataforma a título privado. Todas as accións impulsadas pola plataforma realízanse sempre a título privado por parte dos seus membros. A Plataforma é un xeito de canalizar eses apoios e evitar a duplicidade das accións dos seus membros.

Recentemente, o Portavoz da Plataforma, recibiu este burofax, enviado por 8 membros das actuais directivas da Comunidade de Montes e da Asociación de Veciños e afíns ao novo réxime:

Neste documento asinado ante notario, esta xente reclama os estatutos da Plataforma, así como o calendario de eleccións. Aducen que veñen de gañar as eleccións tanto na Comunidade como na Asociación (admiten que son os mesmos) e que lles gustaría presentarse para defender eles tamén a parroquia. De non facelo pensarán que a Plataforma só defende intereses privados. Tamén preguntan se nos poden facer fotos cando lles dea a gana. Nese documento hai 4 persoas que son familiares da anterior xunta rectora.

Ante isto a Plataforma aclara que agora mesmo está blindada contra teupas ("topos"), polo que a entrada nela está limitada segundo o criterio dos nosos membros, dados os casos de transfuguismo ocurridos recentemente.

Luis Fernando Quiza Luaces, actual Presidente da Comunidade, ten vetada a súa entrada na Plataforma. Este veciño acompañou aos membros da Plataforma, daquela en proceso de Constitución, durante as accións que conduxeron á forzada dimisión da anterior directiva. Incluso acompañou aos membros en varias viaxes ata a Delegación da Consellaría de Medio Rural e outras instancias.

Durante todo ese tempo, asegurou coñecer de primeira man as actividades escuras da anterior directiva. Por ser unha persoa que anteriorme impulsara e colaborara en actividades de interese público da parroquia, ofrecéuselle incluso ser Presidente da candidatura proposta pola Plataforma. Naquel momento, el negárase aducindo non ter tempo. Ademáis, negábase continuamente a forzar as eleccións e realizar unha auditoría con frases do estilo:

"Que se enchan! Esperade a que eles convoquen as eleccións e que se enchan ata que reventen!"

Un mes despois, ao forzar legalmente varios membros da Plataforma as eleccións, presentou no último minuto a súa candidatura. A anterior directiva estaba na porta repartindo as papeletas coa súa candidatura. De feito, no momento da lectura do censo de comuneiros para a votación, el non figuraba nese censo, xa que anteriormente se dera de baixa por "non querer saber nada". Ese feito xa demostra que algún motivo tería para presentarse no último momento. Os membros da Plataforma convocantes da asemblea admitiron a súa candidatura

Membros da anterior directiva estiveron repartindo as papeletas da súa candidatura na entrada a esa asemblea e incluso chegaron a retirar as da Candidatura da Plataforma, que en ningún momento condicionou aos votantes poñéndolles o sobre na man. Semanas despois presentouse tamén para a Asociación de Veciños, da que antes tampouco quixera saber nada. Foi polo tanto unha teupa, metida na Plataforma para informar aos caciques da Parroquia.

Carlos Miranda Armada, está tamén vetado na Plataforma por ser familia directa tanto do actual Presidente como do anterior Tesoureiro, Daniel Montero Quiza. A admisión do resto dos asinantes está condicionada á devolución dos cartos que se cobraron por ir pedir para as festas.

Con respecto ao das fotos, a lei é clara sobre que non se pode obstaculizar a información sobre actos públicos. Os caciques anteriores vetaron aos xornalistas e incluso chegaron a chimpar dunha asamblea a unha xornalista descendente de veciños da parroquia. Para a seguinte asamblea, os membros da Plataforma solicitarán a presenza dos medios de comunicación, se a rectora non os admite é porque sigue o camiño dos anteriores.

E por último, a Plataforma fai notar que na última Asamblea presentaron as contas das festas, pero non presentaron as contas da Asociación Familiar, como debería ser o seu deber.

A Plataforma continuará loitando na defensa dos intereses da Parroquia, valéndose sempre da legalidade e da liberdade de expresión, ata que non sexa necesaria: cando se realize unha auditoría independente nas contas das asociacións e comezen a facerse as cousas ben dunha vez por todas.

sábado, 5 de diciembre de 2009

A escritura dos terreos do xeriátrico que nunca se fixo


A copia aquí exposta foi pagada por membros da Plataforma do seu propio peto, así como as fotocopias que foron repartidas entre os veciños.

Pulsade sobre as imaxes para ver completas.

Para comezar, primeiro aparece o nome das persoas que asinan o documento:







Está é a escritura asinada polo ex-presidente da xunta rectora da Asociación Familiar da Pedra, Javier López Yáñez coa empresa "Geriátrico Olas, S.L.", para a permuta dos terreos para a construcción dun xeriátrico nun terreo da parroquia.
Para comezar, habería que explicar quen é o tal Miguel Ten. Este home chegou á parroquia co proxecto do xeriátrico no brazo e a promesa de presentarse ás eleccións polo Partido Popular de Cariño, do lado de dous, ata entón, ilustres membros do partido.
Unha busca de datos nun portal de información sobre empresas amosa esta lista sobre Miguel Ten López:

Nombre Provincia Cargo Empresa

TEN LOPEZ MIGUEL Castellón ADMINISTRADOR UNICO SOREC SL
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR UNICO PROMOLOT I HABITATGES 2000 S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR UNICO LA MASO PARC SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR UNICO SANT CARLES RESIDENCIAL SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Lleida ADMINISTRADOR UNICO TORRES FARRERA INMOBLES SL.
TEN LOPEZ MIGUEL Barcelona ADMINISTRADOR UNICO HOSTALETS VERT S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR UNICO FEINADA, S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL A Coruña ADMINISTRADOR CENTRO GERIATRICO OLAS S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR HABITATGES VINYOLS MAR SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR TEN PUBLICIDAD S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona SOCIO SANT CARLES RESIDENCIAL SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona APODERADO GESTION INMOBILIARIA BARNA MAR SL.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-CONSEJERO DELEGADO ADMINISTRACIONES GENERALES S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-CONSEJERO DELEGADO TEN PUBLICIDAD S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-ADMINISTRADOR BAGADA SL
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-ADMINISTRADOR NUTAGUEL S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-APODERADO BENAVENT ILLA PARADIS SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Girona EX-APODERADO LES MASIES DE TORTELLA S.L.

Como se pode apreciar, é un home moi ocupado. De feito é un home tan ocupado que non volveu aparecer por aquí desde 2007. Outro detalle importante é que declaran como domicilio a rúa Centeás nº1, residencia do antigo médico de Cariño.

A escritura é unha permuta dun solar a cambio de servizos. Isto é a cambio da construcción e posterior xestión dun xeriátrico. Vemos agora os datos da empresa.



Nesta folla pódense ver claramente que a empresa "Geriátrico Olas S.L" ten a sede social na casa do antigo médico de Cariño. Estes datos son evidentemente falsos, xa que esa empresa non existe nin existiu nunca.
A Plataforma ten coñecemento que nese domicilio se recibiron multas de tráfico a nome desa empresa e dun BMW de gama alta.




Nestas dúas follas é onde se realiza a permuta e se consuma a estafa. Nelas, a empresa fantasma adquire o solar e comprométese a xestionala durante 35 anos a partir do inicio da actividade do xeriátrico. Tendo en conta que esa actividade nunca comezou, o solar é e continuará sendo da empresa, tendo en conta a primeira estipulación da escritura.

Como contraprestación, inclúese unha cláusula no que se cederían o 10% das prazas aos veciños da parroquia que determine a Asociación Familiar. Isto é, a dedo. Non fai falta dicir quen tiña pensado ocupar esas prazas.

Na seguinte páxina indícase a claúsula habitual de que se contrataría con preferencia persoal da parroquia. Despois indícase o tema dos cartos:





Nestas follas fálase de que a construcción levarase a cabo nun prazo máximo de tres anos desde a concesión da licencia de obras. Tengo en conta que os "promotores" nunca pagaron a licencia, ainda que si presentaron a documentación, esa cláusula nunca se levará a cabo.

Como colofón, os cataláns emiten un aval de 90.000€ a favor da Asociación Familiar (de veciños). Como pon na escritura:

"Dicho aval quedará sin efecto, una vez comience la actividad de la residencia, o si no se realizara edificación sobre el solar al carecer éste de los permisos y/o licencias para tal actividad, o no pudiere iniciarse o construirse por causas ajenas a la voluntad de la entidad constructora-promotora del proyecto".

Queda bastante claro que ese aval non ten efecto, por carecer a obra de permisos. Por outra parte, por ter un aval hai que pagar por renovalo todos os anos. Algo que é bastante difícil de crer que o fixeran.

Se esa obra non ten permisos é porque non pagaron as taxas no Concello. Na última reunión da AA.VV. o novo Presidente afirmou que o Concello tiña parte de culpa niso. O Concello terá culpa de moitas cousas, pero neste caso a responsabilidade é completa dos que asinaron a escritura.

Cando se realiza unha escritura e sobre todo por unha operación tan importante, as partes que a asinan saben ou deben saber perfectamente o que están declarando. Neste caso cabe distinguir as diferentes responsabilidades.

En primeiro lugar a dos cataláns. Como se pode apreciar na documentación aportada, son uns verdadeiros profesionais que se adican a realizar este tipo de "operacións".

En segundo lugar, en non menos importante. A do ex-presidente e a ex-xunta reitora: Asinaron esa escritura sabendo que contiña datos falsos. Varios feitos indican claramente que eles sabían perfectamente que estaban a facer algo que non estaba ben:
  • A finca finca foi comprada con cartos da Comunidade de Montes (non se sabe cantos) e cedida pola Asociación Familiar. As xuntas anteriores mesturaron unha asociación con outra, nunha especie de Asociación Veciñal de Montes situada no limbo xurídico.
  • Na lectura da escritura na asamblea da Asociación de Veciños, cando estaba a ler os lindes do solar, a entón secretaria leu "Asterisco". Porque? Unha de dúas: ou se lle nublou a vista ou estaba a ler un documento falso. Nese preciso momento, a secretaria non quixo saber nada máis e dimitiu no acto. Na escritura figura outra nova secretaria, Mª Teresa Garrote Rubido.
  • O proxecto do xeriátrico era de "alto standing". De levarse a cabo, moita xente non disporía dos recursos para entrar nel. Excepto, claro está, os "escollidos" para as plazas reservadas.
  • A AA.VV. pagou os gastos de escrituración. Por lóxica debería ser a outra parte a que os sufragase. Ata iso lle limparon á parroquia.

A responsabilidade da actual xunta da Asociación de Veciños e da Comunidade de Montes: Négase a tomar medidas urxentes contra este saqueo e teñen a intención de que a parroquia pague os pleitos por ese terreo. Incluso chega a culpar á Alcaldía de que non se constrúa ese xeriátrico.

Desde a Plataforma exiximos que sexa o ex-presidente o que, de decidirse a pleitear polo terreo, o que asuma os gastos do xuícios. Foi el quen meteu á parroquia neste lío e foi el quen debe asumir as consecuencias.

Na última asamblea decideuse conceder un prazo prudencial para que o ex-presidente tente convencer aos cataláns de que devolvan o terreo. Temémonos que sexa una estratexia máis para deixar pasar o tempo, mentres A Pedra segue sen xeriátrico.

Pulsade sobre o enlace para ver o álbum completo da escritura do xeriátrico da Pedra con todas as follas. Ao ser unha escritura elevada a público, está á libre disposición de calquera que queira consultala.

martes, 24 de noviembre de 2009

Resume da última Asamblea da Pedra









Pulsar sobre as imaxes para ver os documentos.












Estas son as contas das festas da Pedra presentadas na última asamblea da Asociación de Veciños celebrada o día 22 de Novembro. Expóñense públicamente aquí porque A XENTE TEN DEREITO A COÑECELAS.

As contas expóñense tal e como foron presentadas, sen manipulación e sen textos resaltados.

O que máis chama atención destas contas son os máis de 2000€ que se pagaron á xente que foi pedir donativos. Decláranse como "Traballo de...". Houbo xente que cobrou en ocasións máis de 500€, sen contrato nin seguro.

Desde a Plataforma maniféstase a nosa profunda indignación por ese feito. Nunca a comisión de festas da Pedra, da que formaran parte en anos anteriores membros da Plataforma, cobrara un peso por percorrer a parroquia.

Os membros da Plataforma sempre pagaron do seu propio peto todos os gastos, houbera que ir pola parroquia ou ata a Coruña e sempre rexeitaron os donativos que lles foron ofrecidos. A xunta rectora non ten ningunha xustificación para pagar a ninguén por ir pedir.

Desde a Plataforma tememos que detrais deste feito se oculte a intención de organizar unha nova REDE CACIQUIL na parroquia, onde os afíns ao poder reciban gratificacións pola súa lealtade e se lle dea esta mensaxe á xente: "SE ESTADES CON NOSOUTROS, ALGO VOS PODE TOCAR".

Outro punto que chama a atención é a ausencia de numeración nos recibos dos donativos. Sen numeración non se poderá saber nunca a cantidade recibida polos cobradores.


A Asamblea

Entre os temas tratados destacan:

  • O Presidente amosa a súa disconformidade coa Alcaldía, considerando que discrimina á parroquia, opinión compartida por moitos dos seus veciños.
  • O pleito para recuperar o terreo do xeriátrico custaría arredor de 8000€. A Plataforma exixe que sea o anterior Presidente e non a parroquia o que asuma eses gastos.
  • A Asociación ten previsto realizar varias pistas seguindo o seu propio criterio.
  • A rectora actual continúa a traballar coa avogada que cobrou os 17000€ (retención incluida) da Comunidade de Montes. Seguen o camiño dos anteriores.
  • Ante a solicitude de varios veciños de amosar as contas do cementerio, a rectora actual négase a facilitar as contas da Comisión Xestora.
A Plataforma entregou a seguinte nota informativa, que o presidente leu en alto, como é o seu deber:



A asistencia á Asamblea foi mínima, unhas trinta persoas, na súa maior parte favorábeis á xunta rectora, polos motivos enunciados antes. O resultado da asamblea foi a aprobación de todos os puntos propostos pola xunta rectora. A xente da Pedra é maior e moita dela non ten gana de asistir a este tipo de abusos.


Autoritarismo


Antes de comezar a asamblea produciuse un feito bochornoso para toda a parroquia. O presidente expulsou da Asamblea a un fillo do Portavoz da Plataforma pola Defensa dos Intereses da Pedra. O argumento: a Asociación é unha entidade privada e el non era socio.
Antes de retirarse pacíficamente, tivo tempo de tirar unha foto e capturou o momento.

O valor que durante tanto tempo non tiveron para enfrentarse aos de chupaban antes, téñeno agora para botar fóra ao fillo dun veciño que intentar aclarar e amosar a verdade á parroquia.


Aclaración final

A esta situación chégase pola cantidade de tropelías cometidas polos anteriores e amenaza con continuar no futuro. Se se fixeran as cousas ben e non houbera a intención clara de tapar o saqueo anterior, este blog non existiría e a parroquia estaría en paz.

Por outra banda, ante os rumores de ser esta unha campaña organizada pola actual corporación municipal, a Plataforma négaos taxantemente. Esta plataforma está composta por xente de moi diferentes ideoloxías, unidas por un interese común: a defensa dos intereses da parroquia. A Plataforma non favorece nin perxudica a ningún partido concreto: simplemente expón os feitos e os documentos para que sexan coñecidos por todos os interesados, isto é, a xente da parroquia da Pedra e outras parroquias veciñas.


Manuel Villar "Cabaleiro"
32.605.341N



jueves, 12 de noviembre de 2009

As contas do 2008

























Pulsar sobre as imaxes para ver os documentos.

Estes dous documentos aquí publicados son de dominio público, e os dous están asinados pola mesma persoa:

  • Un pertence á carta enviada polo presidente da "Asociación Familiar Nosa Señora da Pedra" aos veciños en maio deste ano.
  • O outro son as contas do ano mostradas pola nova directiva da Comunidade de Montes en Man Común da parroquia da Pedra en xaneiro deste ano.
Comezamos polas contas:

Saldo anterior: 20.991,66€
Ingresos: 14.817,66€
Gastos: 18.163,44€
Saldo actual: 17,645.88€


Estas son as primeiras contas "serias" que se presentan en toda historia da Comunidade. A xunta rectora anterior negárase sempre a facilitar esas contas. Non se dubida de que se teñen todos os xustificantes que se mencionan, para o ano 2008. Habería que falar dos anteriores.

O primeiro que chama a atención son os honorarios da Sra. Avogada : 14.283,50. E todo iso por un xuízo que supostamente gañou a comunidade.

Outro detalle que chama a atención son eses 14.817,66 € que aparecen de ingresos:

14.817,66€ x últimos 10 anos : 140.817,66€

A xente da Pedra quere saber que se fixo con todos eses cartos nos últimos anos. A esa cantidade habería que sumarlle ademáis toda a madeira que se cortou durante todos estes anos. Cantas toneladas se cortaron? En ningún momento se aportou ese dato.

Varios comuneiros teñen solicitado unha AUDITORÍA INDEPENDENTE: a actual rectora négase a realizala sistemáticamente, tal e como fixera a rectora anterior.

Por que non se realizou ainda esa auditoría?

As comunidades de montes están dasamparadas e infravaloradas pola Administración. Calquera Sociedade Cooperativa ten a obriga de realizar unha auditoría anualmente, pero unha Comunidade depende da Xunta Rectora para facelo.
Por dignidade, a xunta rectora actual debería realizar unha.


A Asociación de Veciños

O próximo día 22 haberá nova asemblea. Nela vanse presentar os proxectos da nova xunta, que casualmente coincide que son os mesmos da Comunidade de Montes. Os mesmos que durante máis de 20 anos calaron agora queren levantar a parroquia.

Na carta enviada en maio aos veciños da parroquia, o novo presidente fala dos seus grandes proxectos: o xeriátrico, as instalación deportivas, ... Tamén fala de pedir "voluntarios" para ir pedir "donativos" polas casas. Pagandolles, claro. Catro meses despois de declarar 17645,88 € de beneficios, o presidente ten a cara de pagarlle á xente para ir pedindo máis cartos casa por casa, incluso por Cariño. E cando se lles pregunta por que o fixeron contestan: aprobámolo en asamblea. É que non teñen un mínimo de dignidade?

Lembroslle ao presidente e aos que cobraron por ir pedir, que estiveron realizando una "actividade ecónomica remunerada por conta allea", polo que se traballan para a asociación, deberán presentar un contrato de traballo, e se son autónomos, as facturas correspondentes. Do contrario estarían incurrindo en fraude ante a Seguridade Social.

En próximas entradas, mostraránse máis documentos: A escritura do xeriátrico firmada polo ex-presidente cunha empresa con sede na casa do antigo médico de Cariño, o detalle das contas bancarias onde aparecen retiradas de diñeiro en man, etc...


Manuel Villar "Cabaleiro"

sábado, 17 de octubre de 2009

Carta aberta ao Presidente da CMVMC da parroquia da Pedra

Esta é a carta aberta que Leonardo Pérez Yáñez dirixiu a Fernando Quiza Luaces, novo presidente da Comunidade de Montes Veciñais da Parroquia da Pedra e que éste se negou a ler:

"""
Ó Señor Presidente da Comunidade de Montes en Man Común:

Señor Presidente, nesta última asemblea celebrada o 25 de xaneiro de 2009 no apartado 4, referido ó exercicio de contas de 2008 eu votei en contra porque me parece que esas contas non se deberon aprobar porque non están claras. Eu creo que a Directiva saínte é a que tina que poner a cara, e nesa mesa dar conta a tódolos cidadáns de todo o que se fixo, sobre todo na permuta dos terreos para o xeriátrico, coa firma na Escritura da "nova secretaria". Todo iso é contrario á lei, incluso co acordó da Asemblea, léase o artigo 9 da lei de Montes.

Agora, a título persoal, quero dirixirme a vostede e á parroquia, e explicar a grandes rasgos todo o que se fixo para chegar a donde estamos, e se non me equivoco, creo que estamos mellor, o tempo o dirá, xa que é quen pon a cada un no seu sitio.

Cando se empezou todo este traballo (¡que traballo nos custou!), que empezamos eu, Leonardo, O Niní, e José Manuel Villar (O Cabaleiro) facendo averiguacións sobre o que tiñamos que facer. Mandámoslles á Directiva, sobre todo ó Presidente e ó Tesoureiro, que nesos momentos eran D, Javier López Yáñez e D. Daniel Montero Quiza respectivamente, uns burofax para que nos deran explicacións de como estaban a cousas, referente ó xeriátrico, posto que non tiñamos escrituras nin como se pagaron, so tiñamos uns papéis duns señores que están baixo sospeita e aínda a día de hoxe non sabemos nin a dirección, nin números de teléfono, bueno, donde teñen a sede si o sabemos, que é na Rúa Centeás, N° 1, en Cariño (A Coruña) e os seus nomes son D. José Alvarez Pais, con DNI 43 434 876 e D. Miguel Ten López, con DNI 39 634 519. Estos dous señores viven na mesma casa donde viviu D. Alejandro e agora vive D. Eduardo, ambos médicos.

Todo esto sabémolo porque fomos a buscar a escritura á Notaría de San Sadurniño, que no la deron despois de pagar 6€. A partir de aquí dirixímonos á Consellería de Medio Rural, coa sorpresa de que alí non sabían nada, e así empezamos a levantar a alfombra, e canto máis a levantábamos máis porquería aparecía. A partir de aquí xurámonos que non faríamos nada sen consultar e sempre coa lei na man. Tamén asistimos á Consellería de Industria a saber algo spbre a mina, da que xa temos os planos e sabemos a quen pertence, que non se pode deixar xa que nunca pagaron nada por ela, pero se se encauza ben e se traballa, hai moitos caitos a cobrar.

Como tamén necesitábamos saber algo da Asociación de Vecinos, dirixímonos á Consellería de Presidencia e alí nos deron unha copia dos Estatutos, que ninguén na parroquia tina, xa que a que tiñamos non valía. Para facer esta nova Asociación de Vecinos houbo unha asemblea o 23 de maio de 2004 á 17.00 horas, na que se reuniron 40 persoas. A convocatoria está datada o 16 de maio de 2004. din que existe quorum ó estar o 32%, de acordó co artigo 11. Eu non digo que fora verdade ou non, non teño constancia diso, e se alguén o sabe que ensine o papel da convocatoria.

Estas peticións de documentos están asinadas por min, polo cal sempre lle estarei agradecido, porque cando asistimos alí sempre nos trataron moi ben. Cando Cabaleiro e eu xa tiñamos medio camino andado, quixemos que viñera con nos xente da parroquia para que viran por si mesmos todo o que se levaba feito, e así vineron Fernando, José Manuel, Ricardo... non sei se se me esquece alguén, en todo caso nos reunimos varias veces no local da asociación con Carlos Miranda, Victorino Ponce, Bautista Bouza, Carlos Landrove,... Ademáis fixemos varias asembleas para darlle a saber á parroquia. A todos eles o meu agradecemento por compartir viaxes á Coruña, Lugo, Parga, Ferrol,... ou sexa, que fixemos moitos quilómetros, xa logo tivemos que pasar revisión .

A grandes rasgos foi todo o que fixemos, non tanto andando como Machado pero sí en coche, que tamén cansa, e ai é donde atopei dous amigo: un "O Cabaleiro" e outro, José Manuel.

Referente a Cabaleiro, direi que foi o que máis traballou, e sempre con honradez, aínda ás veces houbo que frénalo porque se saía do guión, pero iso era froito do acaloramento do momento. Eu non lio teño en conta, en min terá sempre un amigo, e pode contar comigo para o que queira.

En cuanto a Juan de Dorotea é unha pena que non fora Presidente, porque en honradez non creo que lle gane ninguén, pero hoxe os honrados están en vías de extinción.

A min esto me recorda ó que eu vivín eos meus compañeiros ñas Comisións de Festas, tanto na Pedra como en Cariño. Esos valores xa non se levan.

Dito esto despídome porque quero darme de baixa como comuneiro e tamén da Asociación de Veciños. Vou a dedicarme máis á miña familia.
Leonardo Pérez Yáñez

"""

martes, 29 de septiembre de 2009

El Buen Consejo


Carta enviada ao presidente da Plataforma para a defensa dos intereses da parroquia da Pedra, no concello de Cariño (A Coruña). Esta plataforma reclamaba a celebración de eleccións democráticas na Comunidade de Montes da parroquia, así como a presentación das contas. A Xunta Rectora de entonces negábase totalmente a acceder a esas peticións de forma totalmente caciquil/fascista.

Conforme avanzaban os trámites legais para a convocatoria da Asamble Xeral, o presidente da Plataforma creada para aclarar os asuntos da comunidade recibiu esta carta anónima. Semanas despois aparecería un artefacto explosivo colocado no seu vehículo de traballo.

A continuación reprodúcese o contido do escrito anónimo:

Sr. D. José Manuel Villar Cabaleiro

La Piedra

Muy señor mío : Como persona que le conoce a usted y que preferiría que no le pase nada de lo que pudiera arrepentirse . me permito darte unos consejos para que usted analice y si quiere los siga por su bien:

Para convocar una Asamblea en cualquier sociedad, nadie puede hacerlo mas que el presidente que ostenta el cargo y menos todavía marcar un orden del día .

Este sería el sistema a seguir : Obtener un 20% de las firmas de los comuneros, autentificarlas delante de un notario, pues de otra manera, nadie sabría si las firmas son auténticas o fabos (Esto es muy serio castigado penalmente por la justicia) Fíjese lo que se puede arriesgar.

Una vez conseguidas las firmas y legalizadas entregar el pliego con la petición o peticiones al presidente de la entidad , exigiéndole al mismo un certificado de haberlas entregado en modo y forma legal.

Desde este momento el presidente estaré obligado por ley a convocar asamblea y a discutir los puntos que se solicitan . En ningún momento puede usted ordenar un orden del día -En esa reunión sólo se podrá tratar los acuerdos a que llegaron y solicitaron el 20 % de las firmas atadas,

Lo que usted está haciendo es una suplantación de funciones en una sociedad de la cual es simplemente un socio y cuyas consecuencias además de las penales correspondientes son suficiente para iniciar por parte de la directiva actual, expulsión corno socio . No le van a expulsar par presentar las firmas sino por la forma que usted ha escogido y actuado, sin el rigor correspondiente y de espalda a la ley y a los estatutos y ya sobemos todos que la ignorancia de las leyes no evita su cumplimiento.

Si usted duda algo debe de consultar con un letrado porque no tiene por que fiarse de mi a quien no conoce .¿Se ha dado cuenta de que usted no ha firmado el bando o aviso que hace público?

El buen consejo


Que cada quen tire as súas conclusións: as ameazas persoais no primeiro párrafo e o ton fortemente clásista de todo o documento fican ben claros.

A Comunidade de Montes da Pedra é unha das máis grandes de Galiza con máis de 1200 hectáreas e aproveitada para plantacións de madeira e pastizais, ademáis. Desde a restauración da comunidade nos anos 80, os xestores nunca presentaron as contas dela.
Os representantes da plataforma conseguiron realizar eleccións libres e substituir á Xunta Rectora por unha nova democrática. A nova Xunta rectora segue sen presentar as contas da Comunidade.