martes, 29 de marzo de 2011

Embaucadores

Estes fragmentos corresponden á última asemblea da Asociación Familiar da Pedra, non confundir coa Comunidade de Montes. Nesta asemblea foi votada a expulsión do autor deste blog (tranquilos, da comunidade de montes no me poden votar). Antes de comezar, presentámoslle un escrito ao presidente pedíndolle a votación en urna de todos os puntos, por seren de capital importancia para a parroquia.



O presidente, como se escoita, négase a atender o escrito como era o seu deber e faino de malos modos. Nós pedimos a votación en urna porque entendemos que as votacións a man alzada son coercitivas. Caciquismo en estado puro.

Cando ofrecemos fragmentos das asamblea sempre son de varios minutos, o máis pequeno é de o anterior. Non son frases sacadas de contexto, son cousas que se falan na asemblea porque son de dominio público. O seguinte é un fragmento do máis repugnante e falso que apareceu ata agora.



Os documentos que se presentaron, ademáis dun extracto bancario con numerosos movementos irregulares, foron:







Non teñen ningún pudor en amosar públicamente que non existen xustificantes dos gastos en que estivo a diretiva anterior. Todos os reintegros do extracto bancario que presentan están sen xustificar. Quen os meteu o peto, entón? Facían falta tantas horas para presentar tres follas escasas e con letra abultada? Que estaban tratando ata esas horas da mañá, a ver quen puña a cara para xustificar o desfalco?

É difícil ser máis falso que Fernandiño. Non nos extraña que vaia facer dous váteres no campo da festa: leva limpando a merda dos demáis desde que entrou de presidente.

E ainda hai outa máis: no "detalle" dos gastos aparecece que para un ano só teñen o xustificande por "fotocopias" de... Fátima Ojea Barcón, a famosa avogada que emprega a xunta rectora para todo tipo de servizos. Nesta asemblea votouse a man alzada que ela vai levar levar a defensa da diretiva nos pleitos do xeriátrico.

E entón lembramos este momento dunha asemblea pasada:



Aquí asistimos a unha mentira flagrante: esa avogada xa estaba cando se redactou o proxecto. Vai ser a mesma avogada que lle meteu o pufo do xeriátrico a que "rescate" o terreo, por un módico prezo, claro. A mesma avogada que cobrou 17000 euros da comunidade de montes polo pleito que discrimina aos veciños de Cariño, que non poden ter nin comunidade propia nin pertencer á da Pedra gracias a ela é á directiva que lle pagou. Ese feito é algo que os veciños das parroquias veciñas quizabes deban ter en conta cando se vaia pedir para as festas da Parroquia.

Seguiremos falando e poñendo gravacións tanto da AAVV como da Comunidade de Montes, porque entendemos que se trata de asociacións de caracter público, que tratan temas que afectan a todo o mundo e non só aos seus socios. Reciben abundantes subvencións públicas para e teñen beneficios (exención de impostos, por exemplo). Por ese motivo, entendemos que a súa xestión debe ser TRANSPARENTE e todas as súas actividades deben ser transparentes.

Por outra parte, enorgullecémonos de que por fin se fixera a rampa de acceso ao escolar vello foi feita gracias a unha recollida de firmas feita no seu día pola Plataforma pola Defensa dos Intereses da Pedra, e que foi finaciada pola Administración.

Por último, non faremos ningunha valoración dos procesos xudiciais que están en curso ata que non haxa sentencias definitivas. Pero o máis importante é que se coñeza isto, para que se saiba quen é cada quen. O blog recibiu centos de visitas e permítenos facer presión para que se faigan cousas na parroquia, que levaba anos estancada.

Seguiremos.