lunes, 9 de abril de 2012

De desfalco en desfalco

A Comunidade de Montes celebrará en breve a súa asemblea ordinaria. Ainda que a convocatoria ten data do 20 de Marzo, moitos dos veciños ainda recibiron a notificación esta semana.

Dentro dos puntos da asemblea destacamos a proposta da Asociación Familiar (eles mesmos) para o pago por parte da comunidade dun terreo para o uso da parroquia como "almacén". Non se especifica a parcela, precio nin dono. De tratarse do famoso terreo estaríamos xa a falar dunha triple estafa: a directiva anterior, os cataláns e agora os actuais. Cantas veces se vai pagar ese terreo? Por certo, a diretiva actual négase a facilitar datos sobre canto valeu ese terreo na súa primeira compra. Seguro que foi barato.

Tan importante como o figura nos puntos da asemblea é o que non aparece. Entrados no cuarto ano de mandato da actual directiva, temos que dar conta de que sigue os pasos da anterior en todos os aspectos. Agora resulta que da madeira que se vendeu, a Comunidade de Montes apenas cobrou unha mínima parte. Lembramos que a empresa fora buscada polo propio Presidente, e ainda por riba con todo o descaro chámase A Miranda, SL. Por certo, non temos constancia de que presentara unha soa vez as contas no rexistro mercantil.

Como non lles debía ser bastante o pufo anterior, outra empresa do mesmo estilo volveu gañar a última subasta da Pedra. Negocio redondo.

Como punto positivo, parece ser que por fin se vai afrontar a certificación dos montes, veremos se non queren chupar tamén diso. 4 anos e nada feito pola parroquia, máis ben ao contrario.