martes, 9 de febrero de 2010

A Rotonda da Pedra

As imaxes aquí amosadas corresponden á carta na que o Portavoz da Plataforma recibiu o escrito anónimo que comezaba con unha frase deste estilo :

"Tenga cuidado con lo que vaya a hacer, no sea que le pueda pasar algo"

O texto completo da carta xa foi publicado e está nos enlaces da barra lateral. Como se pode ver a caligrafía foi deliberadamente desfigurada e a persoa do remite non existe. Este tipo de cartas só as envían os terroristas. E aquí, por comparación, os únicos que encubren aos terroristas son os batasunos.

Explicamos isto unha vez máis porque parece ser que a xente da rectora non entende por que, segundo eles, lles temos tanto odio. Non lles temos odio, simplesmente dá-nos noxo o que fixeron e siguen facendo, tanto eles como os seus familiares. Temos presentado probas abondo tanto neste blog como ante o público en xeral da calaña destes señores.


Resume da última asemblea da Asociación Familiar

A última asemblea foi convocada cun único obxectivo: desprestixiar ao Portavoz da Plataforma, evadindo contestar aos temas máis urxentes para a parroquia. O único tema no que tiveron realmente interese foi en presentar como grandes delitos o que non son máis que parvadas: comentarios presuntamente sexistas emitidos neste ou noutros medios. Iso é todo o que teñen contra nosoutros. Todo isto mentres a parroquia e boa parte do concello asiste atónita e este espectáculo.

Toda a xente que abucheaba e protestaba contra a plataforma, ou son familiares ou teñen algún interese económico na parrquia:

  • Un son familiares da anterior directiva.
  • Outros cobran por ir pedir.
  • Outros son amigos persoais da famosa avogada de prezo módico.
  • Hai algún, coma Ponce, que ata ten alindando a vaca nos terreos do "futuro" xeriátrico.
En resume, todos teñen algún interese material en estar ahí e encubrirse mutuamente. E só representan a unha parte mínima da parroquia que non chega nin ao 10%.

Se algunha vez se fixo un comentario que puido parecer sexista ou fora de tono foi única e exclusivamente froito da indignación. Ante esa indignación, unha de dúas: ou reaccionamos con rabia ou facémolo con humor. Optamos polo segundo, tamén temos dereito a botar unhas risas de vez en cando con todo isto. De feito, fixemos ata agora unha oposición moi branda e moi condescendiente. Houbo xente que cando se enterou dalgunha trapallada como o de cobrar por ir pedir para as festas non puido máis que berrar: "Seran fillos de p***!"


Sobre a asemblea:

  • Non se tomou ningunha decisión sobre o xeriátrico. Siguen a deixar pasar o tempo sen facer nada sobre iso.
  • Teñen a intención de querer facer dúas pistas. Pola nosa parte, temos intención de revocar o noso consentimento para realizalas, porque entendemos que é de importancia capital facer transitábel a pista que vai ata o local da Terceira Idade. Estamos dispostos a ceder parte da nosa propiedade para realizar esa pista e poida circular unha ambulancia. Ésa debe ser a prioridade da parroquia.
  • A nova xunta recoñece que se cobraron cuarenta mil pesetas máis por urna do cementerio á xente da Pedra que vive en Cariño.
A nova xunta, presionada pola Plataforma, recoñeceu que eses cartos foron a parar a unha conta a nome dun particular, Daniel Montero Quiza na oficina de Banesto en Cariño. Segundo o anterior presidente, eses cartos foron para "facer unha rotonda". Como todos sabemos, A Pedra é famosa pola súa "rotonda".

Este feito provocou un cruce de acusacións entre a actual e a antiga directiva. Nosoutros non nos cremos nada: a actual directiva hai tempo que estaba ao tanto de todo iso, ainda que agora se faigan os suecos. A xunta rectora segue sen admitir ningún dos outros desfalcos, práctica habitual da anterior directiva. Desde a Plataforma reclamamos, para comezar, a devolución inmediata deses cartos por parte de Daniel Montero Quiza.

Tras facer público o feito de ser todo isto denunciado, o actual Presidente queixouse de que agora eles terían que buscar un avogado para defendelos. Ainda que, naturalmente, se non fixeron nada malo non teñen por que defenderse, polo que poden estar tranquilos, ¿verdade?

Por outra banda, facer notar que na asemblea había xente que non era a Pedra e desta vez, curiosamente, non foi expulsada. De feito, estaba alí unha persoa que tivo alquilado varias hectáreas de pastizais da Pedra sen aportar un peso á parroquia. Ademáis tamén estivo o famoso pintor das urnas, que parecer estar moi interesado no que sucede na parroquia que tanto lle aportou.


"Se isto chega a ser cando Franco, xa estábamos todos mortos"

Esta frase fora pronunciada por Fernando Quiza, o actual presidente, cando se estaba formando a Plataforma e nos enteramos de algunha cacicada máis desa tropa. Ese tipo de frases foron habituais e debidamente premeditadas pola súa parte, coa única intención de desanimarnos e amedrentarnos para desistir da nosa intención de seguir adiante con isto.

El ben sabía que todo era falso, estaba interpretando un papel. Co paso do tempo descubreuse o pastel: estivo con eles desde o primeiro momento e agora intenta por todos os medios encubrilos. El saberá o que fai, se se quedara na casa agora non estaría denunciado.

Toda esta xentuza son só uns pobres mortos de fame que atoparon un xeito de vivir ben, eles e os seus, a conta dunha parroquia desunida e esquilmada pola emigración e a falta de expectativas. Os montes da parroquia son de todos e non dun poucos.


A Báscula da Pedra

Os máis vellos lembrarán que na Pedra había hai moito tempo unha báscula. Ese terreo era da parroquia pero a báscula retirouse e nalgún momento ese terreo "desapareceu". Persoas da anterior directiva quizabes saiban onde foi parar.

Ese terreo non é privado, é da parroquia e ten que volver a ela.


O noso interese

Que interese temos nós en seguir con isto?

En primeiro lugar, nunca nos esperamos atopar tanta merda. Hai pufos por todas partes e isto xa parece a cova de Alí Babá e os cuarenta ladróns. Iso aparece explicado perfectamente na carta de renuncia de Leonardo Pérez Yáñez.

Seguimos nisto por orgullo e porque non vamos a consentir que volver á situación na que nos encontramos cando empezamos, na que había xente que nos dicía: "Vosoutros xa saberedes o que facedes, pero vades ter moitos enemigos. Non se sabe o que hai detrás". É triste que na Pedra houbera xente que vivise con medo desa morralla.

Para nosoutros agora seguir con isto é moi fácil. Estamos nunha posición moi cómoda, por que facer oposición é o máis simple que poder haber. Polo tanto non nos vai ser moi difícil continuar pelexando.

Non empezamos agora, levamos tres anos xa con isto. Agora grande parte do asunto está nos tribunais, pero aínda nos queda moito na Pedra por facer.

sábado, 6 de febrero de 2010

Denuncia

Como xa anunciáramos anteriormente, por todo o aquí exposto neste blog, procedeuse durante a semana pasada á tramitación da denuncia ante os xulgados de delitos administrativos de Ferrol. Os interesados poderán consultar o documento presentado na denuncia o sábado que vén a partir das 5 da tarde na oficina de Forestal Villar, así como outra documentación presentada, relativa á parroquia e sobre a constitución da Plataforma que temos no noso poder.

A partir de agora, deixamos este asunto totalmente nas mans da xustiza. Está nas súas mans agora continuar e aclarar o sucedido na parroquia e sentar un precendente tanto para a Pedra como para outras comunidades e organizacións. Entendemos que, ao non haber constancia de a onde foron parar os ingresos da Comunidade nos últimos anos, debe producirse unha actuación exemplar pola súa parte.

Pola nosa banda, continuaremos defendendo os intereses da parroquia, intentando buscar o ben da comunidade e non duns poucos como ocurriu ata agora. De feito, o que sucedeu ata agora é que mentres no veciño Landoi se facían pistas forestais, se destinaban cartos para as festas e incluso se chegou a construir un edificio propio, na Pedra o anterior presidente construía os seus chalets para benefício propio sen facer absolutamente nada na parroquia.


Asemblea da Asociación Familiar

Entendemos que as contas presentadas son ridículas ata para un cativo de 10 anos. Non se poden mesturar as cuotas dos socios con gastos non desglosados. Esas contas están realizadas coa única intención de confundir.

Por outra parte, filtrouse que se van votar varios gastos, tales como a devolución dun préstamo realizado por un particular á parroquia (!) co que se ten a intención de seguir cargando e castigando á parroquia con máis gastos. Desde a Plataforma non apoiaremos que se siga expoliando a parroquia sen facer unha auditoría dos exercicios anteriores.

Por todo iso, non apoiaremos ningún gasto, nin para a devolución do xeriátrico, nin para pagar os desfalcos deixados pola anterior rectora.

Carta coaccionante

Valéndose da súa posición de poder, a actual xunta rectora enviou unha carta na que presenta ás súas excusas á parroquia por non acudir ao Acto de Conciliación ao que foi citado o actual Presidente para entregar a documentación que debería ter, así como presenta ao portavoz da Plataforma como unha persoa vil e malintencionada.

Nesa carta dise que se presentará a documentación "que se teña" na asemblea correspondente. É dicir, nin compromete a nada nin ofrece ningunha explicación de porqué non se ten algo tan básico como uns libros de contas e de actas. Ese feito xa foi denunciado.

Entendemos que esa carta tenta coaccionar á xente da parroquia desde unha posiciónde poder de cara a obter a súa lealtade, condicionando as súas decisións. ¿Como se entendería que un Alcalde enviase unha carta aos seus veciños indicando que unha persoa non lle deixa traballar en paz e ten malas intencións por pedirlle as contas e as actas dos plenos? Caciquismo puro.

Esa carta será presentada como proba ante os Tribunais.


Plantación dos Montes

Esta semana finalizaba o prazo para pedir subvencións á Consellaria de Medio Rural para a plantación dos montes destrozados polo Klaus. As comunidades de montes que invertisen no coidado do monte nos últimos anos teñen importantes benefícios.

Non se ten constancia de que se presentasen as contas parta obter esas axudas adicionais, talvez porque non interesa que se revolva.

Iso tense que acabar.


Historia da Plataforma

Fomos os da Plataforma os que trouxemos á Pedra á Organización Galega de Mancomunidades de Montes Veciñais en Man Común para que dera unha conferencia na que se lle explicara á xente que era unha Comunidade de Montes e como funcionaba.

Fomos os que forzamos por vía xudicial a dimisión dos caciques, que se agarraron canto puideron ao poder como un clavo ardendo porque, como dicían, "quen sodes vosoutros para metervos aquí".

Gracias á Plataforma, sabemos que non só Landoi ten dereito a recibir unha compensación pola canteira, senón que a Pedra tamén ten o mesmo dereito.

As contas da Parroquia amósanse, e poderiamos dicir que se elaboran, só porque a Plataforma presionou para conseguir iso. Sen Plataforma, Javier e Daniel seguirían mangoneando ao seu antoxo.

Somos tamén, por desgracia, os únicos que ata o momento fixemos eleccións en urna. E como isto, moito máis.

Como vedes, a Pedra necesítanos e moito. Seguiremos loitando.