viernes, 23 de julio de 2010

Camiño da vergoña

Esta semana recibimos na oficina de Forestal Villar, empresa propiedade do portavoz da Plataforma, Manuel Villar, a visita dun ex-veciño, que había tempo segundo parece que non visitaba a parroquia. O motivo real desta visita era enviarnos un comunicado por parte da rectora da Pedra, informándonos que estaban moi molestos polo feito de non deixarlles pasar por unha pista e teren que dar un rodeo.

Este veciño estaba pouco ou mal informado, polo que procedimos a ofrecerlle unha explicación, ademáis de obsequialo con certos documentos que seguramente lle aclararán certas dúvidas.


A nosa postura

Non é a nosa intención perxudicar en nada á parroquia. A nosa condición para deixar pasar esa pista, e outras que teñen proxectadas, é que as persoas que cobraron por ir pedir o ano pasado (e sabemos que tamén este ano) devolvan os máis de 2000€ que cobraron. Entendemos que ese é un perxuício maior que o de ter que dar un pequeno rodeo.

É máis, e isto ímolo poñer en grande para que nos entendan ben:

SE DEVOLVEN PÚBLICAMENTE OS CARTOS, PAGAREMOS DO NOSO PROPIO PETO OS CARTOS DE FACER A PISTA POLO NOSO TERREO

¿Entendido? Creo que queda bastante claro.

Por certo, segundo tamén nos informou ese veciño, a pista parece que a pagou o Concello. Esperando esa confirmación, súrxenos unha nova dúvida: ¿Cambiaría a chaqueta outra vez Fernando Quiza?

A resposta a esa pregunta téremola nas próximas entregas desta traxicomedia. Nos próximos meses asistiremos tamén a novas citacións xudiciais dos membros da xunta rectora, algunha con sorpresa.


A fervenza do Lourido

A foto da entrada da páxina pertence a unha fervenza que está na nosa parroquia, no río Lourido e cuberta polas silvas. Mellor lle sería aos nosos xestores preocuparse de adecentar estes lugares para disfrute de toda a parroquia, en vez de adicarse a encubrir os roubos dos seus parentes e "regalar" a madeira da comunidade en subastas amañadas.