sábado, 5 de diciembre de 2009

A escritura dos terreos do xeriátrico que nunca se fixo


A copia aquí exposta foi pagada por membros da Plataforma do seu propio peto, así como as fotocopias que foron repartidas entre os veciños.

Pulsade sobre as imaxes para ver completas.

Para comezar, primeiro aparece o nome das persoas que asinan o documento:







Está é a escritura asinada polo ex-presidente da xunta rectora da Asociación Familiar da Pedra, Javier López Yáñez coa empresa "Geriátrico Olas, S.L.", para a permuta dos terreos para a construcción dun xeriátrico nun terreo da parroquia.
Para comezar, habería que explicar quen é o tal Miguel Ten. Este home chegou á parroquia co proxecto do xeriátrico no brazo e a promesa de presentarse ás eleccións polo Partido Popular de Cariño, do lado de dous, ata entón, ilustres membros do partido.
Unha busca de datos nun portal de información sobre empresas amosa esta lista sobre Miguel Ten López:

Nombre Provincia Cargo Empresa

TEN LOPEZ MIGUEL Castellón ADMINISTRADOR UNICO SOREC SL
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR UNICO PROMOLOT I HABITATGES 2000 S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR UNICO LA MASO PARC SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR UNICO SANT CARLES RESIDENCIAL SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Lleida ADMINISTRADOR UNICO TORRES FARRERA INMOBLES SL.
TEN LOPEZ MIGUEL Barcelona ADMINISTRADOR UNICO HOSTALETS VERT S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR UNICO FEINADA, S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL A Coruña ADMINISTRADOR CENTRO GERIATRICO OLAS S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR HABITATGES VINYOLS MAR SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona ADMINISTRADOR TEN PUBLICIDAD S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona SOCIO SANT CARLES RESIDENCIAL SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona APODERADO GESTION INMOBILIARIA BARNA MAR SL.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-CONSEJERO DELEGADO ADMINISTRACIONES GENERALES S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-CONSEJERO DELEGADO TEN PUBLICIDAD S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-ADMINISTRADOR BAGADA SL
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-ADMINISTRADOR NUTAGUEL S.L.
TEN LOPEZ MIGUEL Tarragona EX-APODERADO BENAVENT ILLA PARADIS SOCIEDAD LIMITADA.
TEN LOPEZ MIGUEL Girona EX-APODERADO LES MASIES DE TORTELLA S.L.

Como se pode apreciar, é un home moi ocupado. De feito é un home tan ocupado que non volveu aparecer por aquí desde 2007. Outro detalle importante é que declaran como domicilio a rúa Centeás nº1, residencia do antigo médico de Cariño.

A escritura é unha permuta dun solar a cambio de servizos. Isto é a cambio da construcción e posterior xestión dun xeriátrico. Vemos agora os datos da empresa.



Nesta folla pódense ver claramente que a empresa "Geriátrico Olas S.L" ten a sede social na casa do antigo médico de Cariño. Estes datos son evidentemente falsos, xa que esa empresa non existe nin existiu nunca.
A Plataforma ten coñecemento que nese domicilio se recibiron multas de tráfico a nome desa empresa e dun BMW de gama alta.




Nestas dúas follas é onde se realiza a permuta e se consuma a estafa. Nelas, a empresa fantasma adquire o solar e comprométese a xestionala durante 35 anos a partir do inicio da actividade do xeriátrico. Tendo en conta que esa actividade nunca comezou, o solar é e continuará sendo da empresa, tendo en conta a primeira estipulación da escritura.

Como contraprestación, inclúese unha cláusula no que se cederían o 10% das prazas aos veciños da parroquia que determine a Asociación Familiar. Isto é, a dedo. Non fai falta dicir quen tiña pensado ocupar esas prazas.

Na seguinte páxina indícase a claúsula habitual de que se contrataría con preferencia persoal da parroquia. Despois indícase o tema dos cartos:





Nestas follas fálase de que a construcción levarase a cabo nun prazo máximo de tres anos desde a concesión da licencia de obras. Tengo en conta que os "promotores" nunca pagaron a licencia, ainda que si presentaron a documentación, esa cláusula nunca se levará a cabo.

Como colofón, os cataláns emiten un aval de 90.000€ a favor da Asociación Familiar (de veciños). Como pon na escritura:

"Dicho aval quedará sin efecto, una vez comience la actividad de la residencia, o si no se realizara edificación sobre el solar al carecer éste de los permisos y/o licencias para tal actividad, o no pudiere iniciarse o construirse por causas ajenas a la voluntad de la entidad constructora-promotora del proyecto".

Queda bastante claro que ese aval non ten efecto, por carecer a obra de permisos. Por outra parte, por ter un aval hai que pagar por renovalo todos os anos. Algo que é bastante difícil de crer que o fixeran.

Se esa obra non ten permisos é porque non pagaron as taxas no Concello. Na última reunión da AA.VV. o novo Presidente afirmou que o Concello tiña parte de culpa niso. O Concello terá culpa de moitas cousas, pero neste caso a responsabilidade é completa dos que asinaron a escritura.

Cando se realiza unha escritura e sobre todo por unha operación tan importante, as partes que a asinan saben ou deben saber perfectamente o que están declarando. Neste caso cabe distinguir as diferentes responsabilidades.

En primeiro lugar a dos cataláns. Como se pode apreciar na documentación aportada, son uns verdadeiros profesionais que se adican a realizar este tipo de "operacións".

En segundo lugar, en non menos importante. A do ex-presidente e a ex-xunta reitora: Asinaron esa escritura sabendo que contiña datos falsos. Varios feitos indican claramente que eles sabían perfectamente que estaban a facer algo que non estaba ben:
  • A finca finca foi comprada con cartos da Comunidade de Montes (non se sabe cantos) e cedida pola Asociación Familiar. As xuntas anteriores mesturaron unha asociación con outra, nunha especie de Asociación Veciñal de Montes situada no limbo xurídico.
  • Na lectura da escritura na asamblea da Asociación de Veciños, cando estaba a ler os lindes do solar, a entón secretaria leu "Asterisco". Porque? Unha de dúas: ou se lle nublou a vista ou estaba a ler un documento falso. Nese preciso momento, a secretaria non quixo saber nada máis e dimitiu no acto. Na escritura figura outra nova secretaria, Mª Teresa Garrote Rubido.
  • O proxecto do xeriátrico era de "alto standing". De levarse a cabo, moita xente non disporía dos recursos para entrar nel. Excepto, claro está, os "escollidos" para as plazas reservadas.
  • A AA.VV. pagou os gastos de escrituración. Por lóxica debería ser a outra parte a que os sufragase. Ata iso lle limparon á parroquia.

A responsabilidade da actual xunta da Asociación de Veciños e da Comunidade de Montes: Négase a tomar medidas urxentes contra este saqueo e teñen a intención de que a parroquia pague os pleitos por ese terreo. Incluso chega a culpar á Alcaldía de que non se constrúa ese xeriátrico.

Desde a Plataforma exiximos que sexa o ex-presidente o que, de decidirse a pleitear polo terreo, o que asuma os gastos do xuícios. Foi el quen meteu á parroquia neste lío e foi el quen debe asumir as consecuencias.

Na última asamblea decideuse conceder un prazo prudencial para que o ex-presidente tente convencer aos cataláns de que devolvan o terreo. Temémonos que sexa una estratexia máis para deixar pasar o tempo, mentres A Pedra segue sen xeriátrico.

Pulsade sobre o enlace para ver o álbum completo da escritura do xeriátrico da Pedra con todas as follas. Ao ser unha escritura elevada a público, está á libre disposición de calquera que queira consultala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario