jueves, 12 de noviembre de 2009

As contas do 2008

























Pulsar sobre as imaxes para ver os documentos.

Estes dous documentos aquí publicados son de dominio público, e os dous están asinados pola mesma persoa:

  • Un pertence á carta enviada polo presidente da "Asociación Familiar Nosa Señora da Pedra" aos veciños en maio deste ano.
  • O outro son as contas do ano mostradas pola nova directiva da Comunidade de Montes en Man Común da parroquia da Pedra en xaneiro deste ano.
Comezamos polas contas:

Saldo anterior: 20.991,66€
Ingresos: 14.817,66€
Gastos: 18.163,44€
Saldo actual: 17,645.88€


Estas son as primeiras contas "serias" que se presentan en toda historia da Comunidade. A xunta rectora anterior negárase sempre a facilitar esas contas. Non se dubida de que se teñen todos os xustificantes que se mencionan, para o ano 2008. Habería que falar dos anteriores.

O primeiro que chama a atención son os honorarios da Sra. Avogada : 14.283,50. E todo iso por un xuízo que supostamente gañou a comunidade.

Outro detalle que chama a atención son eses 14.817,66 € que aparecen de ingresos:

14.817,66€ x últimos 10 anos : 140.817,66€

A xente da Pedra quere saber que se fixo con todos eses cartos nos últimos anos. A esa cantidade habería que sumarlle ademáis toda a madeira que se cortou durante todos estes anos. Cantas toneladas se cortaron? En ningún momento se aportou ese dato.

Varios comuneiros teñen solicitado unha AUDITORÍA INDEPENDENTE: a actual rectora négase a realizala sistemáticamente, tal e como fixera a rectora anterior.

Por que non se realizou ainda esa auditoría?

As comunidades de montes están dasamparadas e infravaloradas pola Administración. Calquera Sociedade Cooperativa ten a obriga de realizar unha auditoría anualmente, pero unha Comunidade depende da Xunta Rectora para facelo.
Por dignidade, a xunta rectora actual debería realizar unha.


A Asociación de Veciños

O próximo día 22 haberá nova asemblea. Nela vanse presentar os proxectos da nova xunta, que casualmente coincide que son os mesmos da Comunidade de Montes. Os mesmos que durante máis de 20 anos calaron agora queren levantar a parroquia.

Na carta enviada en maio aos veciños da parroquia, o novo presidente fala dos seus grandes proxectos: o xeriátrico, as instalación deportivas, ... Tamén fala de pedir "voluntarios" para ir pedir "donativos" polas casas. Pagandolles, claro. Catro meses despois de declarar 17645,88 € de beneficios, o presidente ten a cara de pagarlle á xente para ir pedindo máis cartos casa por casa, incluso por Cariño. E cando se lles pregunta por que o fixeron contestan: aprobámolo en asamblea. É que non teñen un mínimo de dignidade?

Lembroslle ao presidente e aos que cobraron por ir pedir, que estiveron realizando una "actividade ecónomica remunerada por conta allea", polo que se traballan para a asociación, deberán presentar un contrato de traballo, e se son autónomos, as facturas correspondentes. Do contrario estarían incurrindo en fraude ante a Seguridade Social.

En próximas entradas, mostraránse máis documentos: A escritura do xeriátrico firmada polo ex-presidente cunha empresa con sede na casa do antigo médico de Cariño, o detalle das contas bancarias onde aparecen retiradas de diñeiro en man, etc...


Manuel Villar "Cabaleiro"

No hay comentarios:

Publicar un comentario