viernes, 17 de septiembre de 2010

Convocatoria de Asociación Familiar - Outubro 2010

O primeiro fin de semana de outubro, a xunta rectora, os de sempre, convocan a unha nova asemblea. Desta vez o comunicado é breve, seguramente porque saben que calquera cousa que poñan por escrito pode ir na súa contra. E como sempre, é chafalleiro. Deberíase indicar explícitame que se vai votar en cada punto, se non o fan é porque non lles interesa.
En primerio lugar, é curioso que indiquen dous artigos dos estatutos na convocatoria, cando saben que a Asociación Familiar prohíbe expresamente que os seus socios cobren por realizar traballos a favor da parroquia. Eles seguiron pagándolle en negro á xente por ir pedir, como o ano pasado, o que provocou que moita xente non lles dera nada. Por certo, lembramos que Fernandiño, o primeiro que prometeu para ser presidente fora que "non se ía pedir para as festas", cousa que evidentemente non está a cumprir.
Chama a atención que no punto 2 poñan "Información sobre as opcións legais...", é dicir anuncialo agora e prefiren dicilo de palabra e non poñer por escrito o que van gastar (a conta da parroquia, por suposto). Non poñen nada do que se vai votar, a man alzada, como vén sendo habitual cando lles convén que saia a súa opción. Nosoutros xa expuxemos no seu día que a parroquia non debe afrontar o gasto de recuperar o terreo. Máis aínda, a anterior xunta rectora debe asumir a responsabilidade de que esa compra foi asinada por unha secretaria non aprobada na asemblea, polo que é ilegal.
No punto 3, despáchanse cun "Asuntos Xerais": destacan o anuncio público da resolución do Fiscal de Ferrol de arquivar a nosa demanda para que os investigue. Deben estar moi contentos pero pouco lles vai durar a alegría, non van tardar en ter que acudir aos tribunais. Xa advertimos anteriormente que un arquivo non era unha sentencia exculpatoria (o fiscal non é un xuiz), e as seguintes van ir polo xulgado de primeira instancia. Iso sí, foi moi divertido ver como cagaban por si ao recibiren a carta do Fiscal. Non será a última que reciban.
Sobre as pistas, toda a parroquia pode comprobar que foi a única que fixeron. Tamén poden comprobar que están feitas tres entradas a fincas particulares: unha a Benigno Teijeiro (ex-secretario da antiga xunta rectora e polo tanto implicado nos pufos), outra a Fernandiño e outra máis a "Pixas", familiar seu. Esas entradas foron feitas cos fondos da parroquia, non teñen ningunha factura que xustifique esa obra.
Levan xa dous anos e o único mérito que tiveron foi facer unha pista e organizar as festas. Isto último é traballo dunha Comisión de Festas, pero Fernandiño viuse con forzas (todo poder é pouco) e púxose ao cargo tamén diso. Todo un traballador, este Fernandiño e os seus novos amigos: en dous anos ainda non teñen as contas que lles pedimos, pero teñen tempo para acaparar todos os cargos da parroquia.
Non hai que ir moi lonxe para saber como se deben facer as cousas: en Landoi levan anos e anos sen pedir para as festas, ademáis de ter avanzada a construcción dun Centro Social. Por certo, ademáis dos ingresos que xa ten a nosa parroquia, habería que engadir a parte da canteira que lle corresponde. Puidémolo comprobar personalmente na Delegación da Consellería de Industria nunha viaxe na que xa daquela nos acompañara o actual Presidente. Claro que para el é moito máis importante mandar á xente a pedir casa por casa. Ou tal vez é que agora non sabe ir só ata a Consellería.
Por suposto non falan para nada do cemiterio. Non podíamos esperar menos.
Falaremos do que suceda na asemblea neste blog, que como ven sendo por desgraza habitual, é a única fonte que proporciona información sobre a situación da parroquia da Pedra.