domingo, 13 de diciembre de 2009

A Plataforma pola Defensa dos Intereses da Parroquia da Pedra



Esta é unha foto histórica: foron as primeiras eleccións democráticas celebradas o día 23 de Novembro de 2008 na Comunidade de Montes da Pedra. O fotógrafo xornalista fora enviado polo Diario de Ferrol para cubrir o evento, e foi publicado na edición do xornal o luns seguinte. A fotografía foi tomada con total liberdade durante o transcurso do acto e nin a mesa nin os asistentes se enteraron, tal e como debe ser nunha fotografía tomada nun acto público.

Na foto aparecen, ademáis da persoa máis vella e a máis nova que conformaron a mesa electoral, varios membros da plataforma, daquela en fase de constitución, Leonardo Pérez Yáñez, Manuel Villar Villar e Fernando Quiza Luaces, candidato "sorpresa" presentado no último momento. Máis á dereita estaría o candidato proposto pola Plataforma, que non aparece na instantánea.

Esta é unha das accións realizadas polos membros da Plataforma a título privado. Todas as accións impulsadas pola plataforma realízanse sempre a título privado por parte dos seus membros. A Plataforma é un xeito de canalizar eses apoios e evitar a duplicidade das accións dos seus membros.

Recentemente, o Portavoz da Plataforma, recibiu este burofax, enviado por 8 membros das actuais directivas da Comunidade de Montes e da Asociación de Veciños e afíns ao novo réxime:

Neste documento asinado ante notario, esta xente reclama os estatutos da Plataforma, así como o calendario de eleccións. Aducen que veñen de gañar as eleccións tanto na Comunidade como na Asociación (admiten que son os mesmos) e que lles gustaría presentarse para defender eles tamén a parroquia. De non facelo pensarán que a Plataforma só defende intereses privados. Tamén preguntan se nos poden facer fotos cando lles dea a gana. Nese documento hai 4 persoas que son familiares da anterior xunta rectora.

Ante isto a Plataforma aclara que agora mesmo está blindada contra teupas ("topos"), polo que a entrada nela está limitada segundo o criterio dos nosos membros, dados os casos de transfuguismo ocurridos recentemente.

Luis Fernando Quiza Luaces, actual Presidente da Comunidade, ten vetada a súa entrada na Plataforma. Este veciño acompañou aos membros da Plataforma, daquela en proceso de Constitución, durante as accións que conduxeron á forzada dimisión da anterior directiva. Incluso acompañou aos membros en varias viaxes ata a Delegación da Consellaría de Medio Rural e outras instancias.

Durante todo ese tempo, asegurou coñecer de primeira man as actividades escuras da anterior directiva. Por ser unha persoa que anteriorme impulsara e colaborara en actividades de interese público da parroquia, ofrecéuselle incluso ser Presidente da candidatura proposta pola Plataforma. Naquel momento, el negárase aducindo non ter tempo. Ademáis, negábase continuamente a forzar as eleccións e realizar unha auditoría con frases do estilo:

"Que se enchan! Esperade a que eles convoquen as eleccións e que se enchan ata que reventen!"

Un mes despois, ao forzar legalmente varios membros da Plataforma as eleccións, presentou no último minuto a súa candidatura. A anterior directiva estaba na porta repartindo as papeletas coa súa candidatura. De feito, no momento da lectura do censo de comuneiros para a votación, el non figuraba nese censo, xa que anteriormente se dera de baixa por "non querer saber nada". Ese feito xa demostra que algún motivo tería para presentarse no último momento. Os membros da Plataforma convocantes da asemblea admitiron a súa candidatura

Membros da anterior directiva estiveron repartindo as papeletas da súa candidatura na entrada a esa asemblea e incluso chegaron a retirar as da Candidatura da Plataforma, que en ningún momento condicionou aos votantes poñéndolles o sobre na man. Semanas despois presentouse tamén para a Asociación de Veciños, da que antes tampouco quixera saber nada. Foi polo tanto unha teupa, metida na Plataforma para informar aos caciques da Parroquia.

Carlos Miranda Armada, está tamén vetado na Plataforma por ser familia directa tanto do actual Presidente como do anterior Tesoureiro, Daniel Montero Quiza. A admisión do resto dos asinantes está condicionada á devolución dos cartos que se cobraron por ir pedir para as festas.

Con respecto ao das fotos, a lei é clara sobre que non se pode obstaculizar a información sobre actos públicos. Os caciques anteriores vetaron aos xornalistas e incluso chegaron a chimpar dunha asamblea a unha xornalista descendente de veciños da parroquia. Para a seguinte asamblea, os membros da Plataforma solicitarán a presenza dos medios de comunicación, se a rectora non os admite é porque sigue o camiño dos anteriores.

E por último, a Plataforma fai notar que na última Asamblea presentaron as contas das festas, pero non presentaron as contas da Asociación Familiar, como debería ser o seu deber.

A Plataforma continuará loitando na defensa dos intereses da Parroquia, valéndose sempre da legalidade e da liberdade de expresión, ata que non sexa necesaria: cando se realize unha auditoría independente nas contas das asociacións e comezen a facerse as cousas ben dunha vez por todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario