domingo, 8 de mayo de 2011

Asemblea en plena campaña electoral

O próximo domingo día 15 celebrarase unha nova asemblea da comunidade de montes da Pedra. Xusto unha semana antes das eleccións municipais. De todas as semanas do ano, a diretiva foi escoller a menos indicada, ainda que iso para eles xa é o normal.

Desta vez, enviáronlle a todo o mundo as contas, que por suposto son un desastre: aparecen mezclados conceptos das festas, do cementerio, etc... Iso si aparece tamén o que cobraron por talar os pinos, que é unha mínima parte do que destruiron en riqueza micolóxica (setas). O lógico sería que as partidas estiveran desglosadas e foran aprobadas previamente pola asemblea, en vez de aparecer todo mezclado con evidente intención de confundir. Tamén aparecen gastos bastante sospeitosos, como 1000€ en gasto de impresión de carteis para as festas. Tristemente xa son normais esas trapalladas.

Ademáis tamén figura o IVA (os cartos de momento non aparecen) dunha tala feita por unha tal empresa "Explotacións Forestais Miranda, S.L". Os datos dela son públicos, pulsando sobre o enlace aparece que foi creada en febreiro de 2010 e que ten a sede social no domicilio dun particular ben coñecido de Cariño. Pouco despois de crearse "gañou" o concurso feito pola rectora, concurso do que só se sabe que "foi a que mais deu". A diretiva non se molestou en dar datos nin de prezos nin de cantidades nin se houbo ofertas doutras empresas e cales foron. Ata teñen a cara de chamarlle igual que a comunidade de montes.

Como dato positivo, vaise tratar o tema da certificación forestal e presentarase un proxecto para un circuito deportivo. Falaremos diso nas próximas datas.