miércoles, 23 de diciembre de 2009

O solar do "xeriátrico"

Como ven sendo habitual nas imaxes, pulsade sobre ela para vela en grande.

Ésta é o recibo da contribución do solar do famoso "xeriátrico" ao que puideron ter acceso membros da Plataforma. Trátase do recibo polo ano 2008, polo que o terreo xa estaba transferido a os dous cataláns: Miguel López Ten e José Álvarez Pais. Polo tanto, a parroquia da Pedra está pagándolle a contribución a eses dous elementos.
Para ver o terreo no visor do catastro pulsade aquí:

Podedes comprobar que é ese introducindo a referencia catastral na Oficina Virtual do Catastro: http://www.catastro.meh.es/.

Outra cousa que chama a atención é que ese terreo está a nome dunha tal "Asociación de Veciños A Pedra". A asociación da Pedra non é de veciños, senón "Familiar" como se indica en toda a documentación que emite. Trátase, polo tanto dunha asociación que ou non existe, ou se existe é secreta. Polo tanto, enviámoslle unha mensaxe aos responsábeis desa "asociación de veciños": queremos entrar nela e presentarnos á presidencia.

Isto forma parte do entramado que tiña montado a xunta anterior, e que persiste con esta. Escurantismo no que se presentan asociacións familiares, de veciños e de montes de veciños, familiares de veciños, etc... Todo para confundir.

Seguiremos presentando documentación durante o ano que vén. Para que a teñades a mao, aparecerá en breve nun cadro da barra lateral ordeada por data de presentación.

Bo Nadal a todos os lectores. E feliz 2010 a todos os que contribuídes a difundir a loita anti-caciquil, tanto na Pedra como fóra dela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario