sábado, 9 de enero de 2010

"Estamos trabajando en ello"



Este burofax foi enviado ao Presidente da CMVMC da Pedra durante as pasadas datas, transcurrido o prazo de confianza otorgado á nova directiva para que presentase as contas e actas dos anos anteriores e vendo que non se mostraba ningún documento.

Nel pídese copia de documentos básicos en calquera sociedade, tal como o libro de contas, o de actas, así como un detalle das subvencións recibidas nos últimos anos e no número de toneladas cortadas, así como os lugares ondes se realizaron traballos forestais. Anteriormente, xa enviaramos burofaxes similares á anterior rectora.

A resposta recibida foi esta:

En vez de recibir os documentos que deberíamos, como contestación recibimos que non poden presentar esa documentación (talvez porque presuntamente non existe) porque están "traballando e ordenando" o recibido pola anterior xunta rectora. Máis dun ano despois do nomeamento da nova directiva resulta que a documentación non aparece por ningunha parte. Debe ser que non tiveron tempo aínda de "ordenala".

Este feito, admitido nun documento con validez legal, é gravísimo. Non se pode entender que se lle pida unha documentación de exercicios pasados a un presidente e conteste que "a está ordenando". Ademáis diso, admite xa un delito: ata chegar eles a Comunidade de Montes e a Asociación Familiar tiñan as contas e as actas mesturadas. Estamos ante un caso claro de encubrimento por parte da actual xunta rectora das accións da anterior.

En ningún caso lles serve de excusa o feito de gañaren as eleccións e a aprobación das contas do 2008. Houbo xente que votou en contra e non presentaron contas ningunhas dos exercicios anteriores. Só con que haxa un comuneiro que impugne as contas ten dereito a que se realice unha auditoría.

Sobre o tema do pleito coa nova CMVMC de Cariño, temos coñecemento que o Tribunal de Estrasburgo admitiu a trámite o recurso presentado por eles. A xunta rectora da Pedra debería mirar de chegar a un acordo con Cariño en vez de pagar a avogados facturas astronómicas alegremente.

Cando en algún caso se votou a favor da actual directiva da Comunidade foi para favorecer os intereses da Pedra. Apoiamos os intereses da Parroquia, a diferencia de outros que parecen apoiar os intereses privados de certas familias.

Sexa cuestión de burla, incompetencia ou neglixencia por parte da actual rectora, en breve poñeremos o caso nos tribunais por segunda vez. Na primeira o anterior presidente admitira no xulgado de paz varias neglixencias e o proceso acabara coa convocatoria de eleccións en urna, as únicas realizadas ata o momento. Desta vez continuaremos ata que se realize unha auditoría. Nese caso o responsabel económico debería ser o actual Presidente, que debe asumir as consecuencias das súas accións.

Por último, non teríamos chegado a isto se non asistiramos a como se replican os comportamentos caciquiles da anterior xunta:
  • Non se realiza subasta pública da madeira que se corta.
  • Contrátanse traballadores a dedo sen pasar pola asamblea.
  • Rexeitouse un proxecto subvencionado por valor de medio millón de euros para cultivar fungos nos montes porque "había que organizalo". Deben estar moi ocupados ordenando papeis.
  • Preséntanse facturas astronómicas por pleitos que non debería haber.
  • A xunta debe aclarar se un dos repetidores de televisión do concello está nos terreos da comunidade de montes. Nese caso deben existir as factura da empresa Abertis por ocupar ese terreo, que non figura nas contas presentadas.
Continuaremos defendendo os intereses da Parroquia. En próximas entradas amosaremos máis información que temos no noso poder sobre o expolio ao que foi sometida durante os últimos anos.


Manuel Villar Villar
Portavoz da Plataforma para a Defensa dos Intereses da Pedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario