domingo, 24 de enero de 2010

Aquí no pasó nada, señores!

Xustiza

Ésta é a acta do Xulgado de Paz de Cariño na que a xuíza declara sen efecto por non comparecencia dos conciliados. Explicado: O actual presidente da CMVMC da Pedra non se presentou. Está no seu dereito, pero tamén debe ser consciente das consecuencias do seu acto.

A anterior directiva só presentara contas sen asinar como esta:

Nese documento aparecen disposicións en efectivo de ata 15000€ sen xustificar e sen asinar, por suposto. Entendemos que ese diñeiro foi parar directamente aos petos dos anteriores directivos.

Dado que non presenta as contas nin a documentación mínima que lle pedimos (porque é o noso dereito), damos por feito que o anterior presidente Javier López Yáñez e o anterior tesoureiro, Daniel Montero Quiza, usaron para o seu beneficio persoal esa institución, lucrándose a costa dos montes da parroquia.

Cando se entra nunha xunta rectora tal e como fixo a actual, é dicir, sen ter libros de contas e de actas dos anteriores exercícios, o único camiño a seguir é realizar unha auditoría. A actual xunta rectora composta por Fernando Quiza Luaces como presidente e Carlos Miranda como secretario é cómplice de encubrimento do saqueo realizado pola anterior directiva, que son familiares seus.

As accións xudiciais pola nosa conta non van demorar máis. A súa táctica é demorar e alongar os prazos canto poidan para limitar as posíbeis consecuencias. A partir de agora, todo quedará nas mans dos tribunais. Por certo, o actual presidente xa coñece ao noso avogado: estivo con nosoutros cando nos reunimos con el para as accións contra a anterior directiva.


Nova xuntanza da Asociación Familiar

A directiva da asociación, os mesmos de sempre, convocan unha nova asemblea para rendir contas polo ano pasado. Como é a súa obriga, envían por correo o balance de contas dese ano. Ainda que aquí sexa unha novidade, é algo que debería ser habitual e en ningún caso debe ser vendido como un favor á parroquia.

Como por desgracia nos teñen acostumados, esas contas son un despropósito total. Ao aparecer nomes de veciños non imos reproducilas, pero detallamos varias das irregularidades que aparecen a simple vista:
  • Aparecen mesturados gastos con ingresos, que deberían aparecer desglosados por separado.
  • Aparecen o ingreso de cada socio por separado, en vez de aparecer o total de ingresos por cuotas.
  • Mesturan as contas das festas, xa presentadas co resto de apuntes. Donativos individuais xúntanse con facturas sen desglosar, a "bulto".

E volven a mestura cos montes comunales. Nun apunte aparece "Ingreso devolución montes comunales", un ingreso por valor de 700€. O presidente asegurara incluso por burofax que xa non se ían xuntar máis a dúas entidades.



Un membro da plataforma tivo acceso a un extracto bancario da Asociación Familiar na que aparece o ingreso polo arrendamento dos pastizais:

Os membros da Plataforma reclamamos a devolución como mínimo dos últimos cinco exercícios á Comunidade de Montes, que é a que corresponden eses ingresos.


Xeriátrico


Como se detalla nas contas, o Presidente e o Secretario foron facer unha "consulta" á súa avogada favorita. Os detalles da reunión con esa señorita non trascenderon. O que si se sabe é que entraron no seu despacho e cerraron a porta. Cando saíron, ela xa lles cobrara 700€. Eles, pola súa parte, afirmaron quedar moi "satisfeitos" co encontro.

Con eses 700€, esa avogada completa os xa tres millóns de pesetas de minuta a costa da parroquia.

¿Ata cando vamos seguir cebando a esa avogada?

Nesta reunión a rectora propoñerá unha solución para o xeriátrico. De ser unha solución económica, deberá afrontala a anterior xunta, que foi a que nos meteu nese fregado. ¿ Canto nos leva custado xa ese terreo e ata cando nos van seguir castigando con él?



Urnas

Nas votacións para a elección da nova xunta rectora da CMVMC da Pedra votou unha persoa veciña da parroquia de Cariño. Esa persoa foi o pintor das urnas do cementerio da Pedra. Urnas que valeron o dobre das da parroquia de Cariño.

As contas do cementerio siguen sen aparecer por ningunha parte.


Conclusión

Por último, agradecer todos os apoios que estamos recibindo por parte de moitos veciños que, aínda que non queiran involucrarse directamente, dan-nos ánimos continuamente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario