sábado, 6 de febrero de 2010

Denuncia

Como xa anunciáramos anteriormente, por todo o aquí exposto neste blog, procedeuse durante a semana pasada á tramitación da denuncia ante os xulgados de delitos administrativos de Ferrol. Os interesados poderán consultar o documento presentado na denuncia o sábado que vén a partir das 5 da tarde na oficina de Forestal Villar, así como outra documentación presentada, relativa á parroquia e sobre a constitución da Plataforma que temos no noso poder.

A partir de agora, deixamos este asunto totalmente nas mans da xustiza. Está nas súas mans agora continuar e aclarar o sucedido na parroquia e sentar un precendente tanto para a Pedra como para outras comunidades e organizacións. Entendemos que, ao non haber constancia de a onde foron parar os ingresos da Comunidade nos últimos anos, debe producirse unha actuación exemplar pola súa parte.

Pola nosa banda, continuaremos defendendo os intereses da parroquia, intentando buscar o ben da comunidade e non duns poucos como ocurriu ata agora. De feito, o que sucedeu ata agora é que mentres no veciño Landoi se facían pistas forestais, se destinaban cartos para as festas e incluso se chegou a construir un edificio propio, na Pedra o anterior presidente construía os seus chalets para benefício propio sen facer absolutamente nada na parroquia.


Asemblea da Asociación Familiar

Entendemos que as contas presentadas son ridículas ata para un cativo de 10 anos. Non se poden mesturar as cuotas dos socios con gastos non desglosados. Esas contas están realizadas coa única intención de confundir.

Por outra parte, filtrouse que se van votar varios gastos, tales como a devolución dun préstamo realizado por un particular á parroquia (!) co que se ten a intención de seguir cargando e castigando á parroquia con máis gastos. Desde a Plataforma non apoiaremos que se siga expoliando a parroquia sen facer unha auditoría dos exercicios anteriores.

Por todo iso, non apoiaremos ningún gasto, nin para a devolución do xeriátrico, nin para pagar os desfalcos deixados pola anterior rectora.

Carta coaccionante

Valéndose da súa posición de poder, a actual xunta rectora enviou unha carta na que presenta ás súas excusas á parroquia por non acudir ao Acto de Conciliación ao que foi citado o actual Presidente para entregar a documentación que debería ter, así como presenta ao portavoz da Plataforma como unha persoa vil e malintencionada.

Nesa carta dise que se presentará a documentación "que se teña" na asemblea correspondente. É dicir, nin compromete a nada nin ofrece ningunha explicación de porqué non se ten algo tan básico como uns libros de contas e de actas. Ese feito xa foi denunciado.

Entendemos que esa carta tenta coaccionar á xente da parroquia desde unha posiciónde poder de cara a obter a súa lealtade, condicionando as súas decisións. ¿Como se entendería que un Alcalde enviase unha carta aos seus veciños indicando que unha persoa non lle deixa traballar en paz e ten malas intencións por pedirlle as contas e as actas dos plenos? Caciquismo puro.

Esa carta será presentada como proba ante os Tribunais.


Plantación dos Montes

Esta semana finalizaba o prazo para pedir subvencións á Consellaria de Medio Rural para a plantación dos montes destrozados polo Klaus. As comunidades de montes que invertisen no coidado do monte nos últimos anos teñen importantes benefícios.

Non se ten constancia de que se presentasen as contas parta obter esas axudas adicionais, talvez porque non interesa que se revolva.

Iso tense que acabar.


Historia da Plataforma

Fomos os da Plataforma os que trouxemos á Pedra á Organización Galega de Mancomunidades de Montes Veciñais en Man Común para que dera unha conferencia na que se lle explicara á xente que era unha Comunidade de Montes e como funcionaba.

Fomos os que forzamos por vía xudicial a dimisión dos caciques, que se agarraron canto puideron ao poder como un clavo ardendo porque, como dicían, "quen sodes vosoutros para metervos aquí".

Gracias á Plataforma, sabemos que non só Landoi ten dereito a recibir unha compensación pola canteira, senón que a Pedra tamén ten o mesmo dereito.

As contas da Parroquia amósanse, e poderiamos dicir que se elaboran, só porque a Plataforma presionou para conseguir iso. Sen Plataforma, Javier e Daniel seguirían mangoneando ao seu antoxo.

Somos tamén, por desgracia, os únicos que ata o momento fixemos eleccións en urna. E como isto, moito máis.

Como vedes, a Pedra necesítanos e moito. Seguiremos loitando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario