viernes, 19 de marzo de 2010

Consúmase o roubo






Aquí están as contas do ano 2009 e a convocatoria de reunión para a próxima asemblea da CMVMC da Pedra. Os documentos expóñense aquí para que cada quen se faiga a súa idea, pero isto xa non hai por onde collelo.

Como legalizar un roubo

En primeiro lugar, entendemos como un feito moi grave que se vaia a botar en asemblea a postura da comunidade sobre a denuncia formulada polo noso Portavoz, Manuel Villar Villar ante a Fiscalía de Ferrol. Facer iso é condicionar á xustiza, polo que procederemos a impugnar esta asemblea polas vías legais correspondentes.

O feito de termos realizado esa denuncia provoca que comecen a aparecer cousas que non son simples irregularidades, senón claros delitos e que a xunta actual xa non pode esconder máis.

Respecto ao tema do pastoreo ilegal na parroquia, aparecen 4 novos contratos de pastoreo dos que nunca se soubo nada.

  • Salvador Lago 1520,40€
  • María del Sol Lago 289,60€
  • María del Carmen Rodríguez 217,20€
  • Eva Delfina Bellón 217,20€

Non se especifican nin número de hectáreas nin desde cando levan aproveitándose da parroquia. En beneficio, esta xente percibía subvencións por pastoreo de montaña e a cambio pagaba eses favores en negro. A presentación destes novos "usufructuarios" demostra que eses aproveitamentos, que nunca foron aprovados en asemblea, foron cobrados "en negro" pola anterior xunta rectora e quen sabe se tamén por esta no exercício anterior. O volume desa estafa podería fácilmente duplicar a cantidade declarada neste exercício.

Exiximos a inmediata aclaración de canto tempo levan facendo isto estas persoas e a canto ascende o fraude perpetrado.

A directiva actual paga cos cartos da Pedra os pufos da anterior directiva

Aparecen tamén dous gastos: o pago do IVA de dúas facturas por venda de madeira do ano 2004:

  • Unha da finsa de 1257,27€, que aplicando o IVA do 16% se corresponde a unha factura de 7857,93€ .
  • Outra de Maderas López de 1015,18, que se corresponden con unha factura de 6344,87€.
En total, case dous millóns e medio que non se saben onde foron parar. Mellor dito, sábese que foron parar ao peto de Javier López, ex-presidente e Daniel Montero, ex-tesoureiro, porque ata día de hoxe eles non presentaron ningunha conta.

Agora Fernando Quiza, Jesús Prieto e Carlos Miranda queren que o IVA o pague a parroquia, talvez por eles xa cobraron a súa parte por facer esta limpeza de baixos.

Reunión privada

¿Canto cobrou a xunta rectora por facer a reunión non autorizada no local social da Pedra coa empresa forestal portuguesa? Non sabemos quen deu esa autorización.

Corta de madeira

Nas contas aparece o ingreso do IVA en Xuño por unha venta de madeira non autorizada pola asemblea. Non se sabe nin o precio nin quen controlou a saída da madeira. Ademáis non figura ningún ingreso polo total da madeira cortada.

Ese IVA fai unha factura de 21210€, só ata xuño. Como é público continuouse a cortar madeira durante todo o ano 2009. Onde van eses cartos?

Cando se realizou a última asamblea, quedaba menos dunha semana para a finalización do prazo de presentación de ofertas, o que demostra que Fernando Quiza. Nesa asemblea ademáis nunca se acordou que se fose a vender madeira, polo que esa venda é ilegal.

Nas contas da madeira cortada aparece o nome do Xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais da Xunta, pero esa sinatura non asegura nada. Queremos unha explicación deste cargo público nunha asemblea de por que autorizou unha puxa de madeira sen autorización da asemblea, ademáis de que presenten o resto de ofertas presentadas por esa madeira.

Por outra banda, o ingreso da Xunta pola madeira podre que estaba na Fornela, recibiuse única e exclusivamente gracias ás xestións realizadas polos membros da Plataforma. A xunta actual xa nolo podía agradecer.


Gastos adicionais

O gasto de corrente eléctrica foi de 789,33€. Asumir o gasto total de electricidade da parroquia nunca foi votado en asemblea. É outra decisión autoritaria da xunta rectora. Ese gasto debería ser repartido entre todas as asociacións. Ainda que, desde logo, isto é mínimo comparado con todo o anterior.


As Festas deste Ano

Desde a Plataforma aconsellamos á xente que non dea para as festas. Con que paren de roubar haberá cartos de sobra para facelas. Tamén seguimos pedindo que devolvan o que cobraron de comisión por ir pedir o ano pasado.


Aínda quedan máis cousas das que continuaremos informando en canto nos sexa posible.


No hay comentarios:

Publicar un comentario