miércoles, 14 de abril de 2010

18000 euros non son nada


Hai unhas semanas celebrouse a última asemblea xeral da Comunidade de Montes da Pedra. Ademáis da postura totalitaria da actual xunta rectora, desta volta houbo varias novidades, algunhas bastante inesperadas. Procedemos a desglosalas.

Os puntos da orde do día foron sometidos a votación, como era de esperar, a man alzada. Todos excepto un, que por iniciativa de varios veciños foi sometido a votación en urna. Os cuestións votadas a man alzada foron aprobadas pero na votación en urna houbo sorpresa e gañou o non. Recordamos que as votacións a man alzada son totalmente cohercitivas, xa que impiden o anonimato do voto. Habería que ver o resultado das votacións se todas fosen en urna.

Ese punto no que a parroquia votou en contra foi a devolución dun préstamo por valor de 18.000€, realizado por un coñecido veciño á parroquia. O que non se explicou é por que concedeu ese préstamo, xa que para iso están os banco. Claro que a parroquia da Pedra recibe 20000€ como mínimo anualmente de ingresos regulares, polo que non entendemos por que era necesario pedir prestado eses cartos a un particular. Deberon ir parar a unha "fundación".

O que sí entendemos é que, se esa persoa considera vulnerados os seus dereitos, debería recurrir como mínimo aos tribunais pola vía que estime máis oportuna. Desde logo contará con o noso apoio á hora de aportar a documentación amosada en parte neste blog e xa presentada ante os tribunais coas súas respectivas denuncias e relativa ás actividades da anterior e actual directivas, xa demostradas habitualmente ilícitas.

Polo demais, podemos confirmar que a directiva segue a vender a madeira a quen eles consideran máis oportuno, sen presentar ningunha oferta á asemblea. Só presentan o que eles din que foi vendido. Despois irán a pedir cartos para as festas porque non lles cadran as contas.


Avogada deluxe

Un dos puntos aprobados foi a contratación do coñecida, polas súas abultadas facturas, Fátima Ojea Barcón, para defenderense da denuncia presentada ante o fiscal. Polo tanto, xa que necesitan defenderse, están asumindo que son culpábeis e queren pasarlle a minuta á parroquia. Outro abuso máis aos que xa nos teñen acostumados.

Varias pistas para seguir o caso: a señorita Ojea é un tanto inexperta, xa que a pesares da súa idade madura hai pouco tempo que é avogada. Por outra parte, todas as contas presentadas levan a sinatura do presidente e do tesoureiro, o secretario non asinou ninguna...


Visitas do blog

Por se había algunha dúbida sobre a popularidade deste blog, aquí mostramos as visitas dos últimos catro meses, que é cando activamos o contador. Sumando as visitas desde que comezamos superamos as 1500. Unha cifra modesta, pero bastante importante para un blog de carácter local.



No hay comentarios:

Publicar un comentario