miércoles, 19 de mayo de 2010

As festas da Pedra

Como ven sendo habitual todos os anos, este ano celebraranse festas na parroquia da Pedra. Temos constancia de que a xunta da Asociación de Veciños tratou con xente para que vaia pedir cartos para as festas. O que non sabemos é a cantidade que vai cobrar esa xente por ir pedir, algo que ademáis está prohibido nos estatutos da Asociación Familiar que prohíben que os seus membros realicen actividades remuneradas a favor da Parroquia (que cobren).

O ano pasado a xente que foi pedir cobrou unha cantidade que en total foi superior aos 2000€. Houbo algún/algunha que cobrou máis de 600€ e como xa indicáramos daquela sen ningún tipo de seguro nin contrato. En negro. Na Plataforma renunciamos a presentar denuncia no xulgado porque xa temos unhas cantas postas por motivos e cantidades bastante superiores, o que non quita que sexa un feito presuntamente delictivo.

Ata agora, a xente que fora pedir para as festas fora a iso, a xuntar cartos para poder facer as festas. En ningún caso percibiron ningunha cantidade e incluso chegaron a poñer cartos da súa parte en varias ocasións.

O que se pon de manifesto con esta actitude dos novos Caciques da Pedra é:
  • Por unha parte, son incapaces de crear un só posto de traballo fixo, o único traballo fixo que ofrecen é ir pedir cartos. E iso tendo en conta os abundantes recursos dos que dispón a parroquia. Lembramos que hai 15000€ fixos por ano, ademáis das miles toneladas de madeira que se cortaron.
  • Por outra, as contas da parroquia seguen a cero e hai que depender de cartos alleos para poder facer as festas. Noutras parroquias, coma Landoi, iso non pasa. Iso sí, as contas da famosa avogada Fátima Ojea Barcón deben de estar boiantes, porque entre ela e os caciques levan desplumado á parroquia (legalmente, iso sí).
Aproveitarse da necesidade allea é carecer de toda ética. Desde a Plataforma aconsellamos que cando os cobradores vaian pedir cartos polas casas, que lles pregunten que parte van recibir eles e exixir que lles dean un recibo numerado, no caso de que aínda desexen contribuír "á causa", para evitar problemas posteriores.

Por último, temos constancia de que a madeira que talou masivamente a directiva da Comunidade de Montes foi vendida a un prezo sospeitosamente baixo. Tan baixo que nos tememos que se consumara a legalización dunha fraude encuberta, polo que procederemos ás accións pertinentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario