lunes, 1 de noviembre de 2010

Encubridores

No pasado mes de Outubro celebrouse a asemblea da Asociación Familiar da que demos conta na entrada anterior. A asistencia, como é habitual nestas asembleas foi escasa e composta na sua maior parte por xente con lazos familiares ou económicos coa actual rectora.

O punto de maior relevancia, como xa adiantáramos foi a votación por parte dos asistentes e a man alzada da contratación da consabida avogada para comezar un longo e penoso trámite administrativo. Nosoutros pedimos que se recurrira pola vía penal a anulación do contrato por levar a sinatura dunha "secretaria" non electa, pero a rectora non accedeu de ningún modo a realizar esa votación.

Pero desta vez, temos unha novidade: un viciño gravou a asembleia íntegra e gustosamente cedeunos esa gravación, coa que non contábamos. A calidade é máxima e distínguense perfectamente as voces de todo o mundo. Desde aquí agradecémoslle que nola cedera para amosar na web.

O primeiro vídeo, e a primeira confesión de delito é esta:




Pódese escoitar claramente como a partir do minuto 1:00 se admite que a firma do terreo foi falsificada, como é admitido por varios membros da rectora e da asemblea e como o secretario (o primeiro que fala) intenta "maquillar" descaradamente o asunto. A rectora está utilizando á xente para exonerar aos seus parentes, que tamén aparecen na gravación autoexculpándose. Aquí pódese comprobar a honradez desa xente.

A votación na que se aproban os pleitos, que tamén está gravada, é unha mostra de tendenciosidade e mala fe, dándolle a escoller á xente entre o xuízo administrativo longo (os "pasos" di o secretario) ou asinar outro contrato cos cataláns. Non deron outra opción nin permitiron que se votara en urna. Por certo, haberá que mirar de onde van sair os cartos para o pleito, con sete euros de cuota por socio ao ano.


Situación actual

Como resultado disto, a rectora condena á parroquia a quedar sen terreo, sen xeriátrico e sen cartos durante os próximos anos. A responsabilidade de que iso sexa así é única e exclusiva da actual rectora, que prefire exculpar e gastar os cartos da parroquia en defender aos seus familiares ainda que iso lle vaia causar un serio perxuízo á parroquia.

Noutros momentos da asemblea, membros da diretiva admiten tamén outras cousas, que talvez non admitirían se souberan que estaban sendo gravados. Gustaríanos coñecer que vai poñer o secretario na acta diso, porque a lectura previa da acta da asemblea anterior foi totalmente tendenciosa.

Por temas de tamaño (ocupa un DVD enteiro), non a podemos subir enteira, pero si que tentaremos ir subindo o que poidamos. Veremos se podemos empregar esta proba nun xuízo, ainda que sexa só como indicio. Pola nosa parte, cremos que é o noso deber informar do que está a suceder na parroquia co máximo rigor posible. E maior rigor que unha gravación non se pode dar.


viernes, 17 de septiembre de 2010

Convocatoria de Asociación Familiar - Outubro 2010

O primeiro fin de semana de outubro, a xunta rectora, os de sempre, convocan a unha nova asemblea. Desta vez o comunicado é breve, seguramente porque saben que calquera cousa que poñan por escrito pode ir na súa contra. E como sempre, é chafalleiro. Deberíase indicar explícitame que se vai votar en cada punto, se non o fan é porque non lles interesa.
En primerio lugar, é curioso que indiquen dous artigos dos estatutos na convocatoria, cando saben que a Asociación Familiar prohíbe expresamente que os seus socios cobren por realizar traballos a favor da parroquia. Eles seguiron pagándolle en negro á xente por ir pedir, como o ano pasado, o que provocou que moita xente non lles dera nada. Por certo, lembramos que Fernandiño, o primeiro que prometeu para ser presidente fora que "non se ía pedir para as festas", cousa que evidentemente non está a cumprir.
Chama a atención que no punto 2 poñan "Información sobre as opcións legais...", é dicir anuncialo agora e prefiren dicilo de palabra e non poñer por escrito o que van gastar (a conta da parroquia, por suposto). Non poñen nada do que se vai votar, a man alzada, como vén sendo habitual cando lles convén que saia a súa opción. Nosoutros xa expuxemos no seu día que a parroquia non debe afrontar o gasto de recuperar o terreo. Máis aínda, a anterior xunta rectora debe asumir a responsabilidade de que esa compra foi asinada por unha secretaria non aprobada na asemblea, polo que é ilegal.
No punto 3, despáchanse cun "Asuntos Xerais": destacan o anuncio público da resolución do Fiscal de Ferrol de arquivar a nosa demanda para que os investigue. Deben estar moi contentos pero pouco lles vai durar a alegría, non van tardar en ter que acudir aos tribunais. Xa advertimos anteriormente que un arquivo non era unha sentencia exculpatoria (o fiscal non é un xuiz), e as seguintes van ir polo xulgado de primeira instancia. Iso sí, foi moi divertido ver como cagaban por si ao recibiren a carta do Fiscal. Non será a última que reciban.
Sobre as pistas, toda a parroquia pode comprobar que foi a única que fixeron. Tamén poden comprobar que están feitas tres entradas a fincas particulares: unha a Benigno Teijeiro (ex-secretario da antiga xunta rectora e polo tanto implicado nos pufos), outra a Fernandiño e outra máis a "Pixas", familiar seu. Esas entradas foron feitas cos fondos da parroquia, non teñen ningunha factura que xustifique esa obra.
Levan xa dous anos e o único mérito que tiveron foi facer unha pista e organizar as festas. Isto último é traballo dunha Comisión de Festas, pero Fernandiño viuse con forzas (todo poder é pouco) e púxose ao cargo tamén diso. Todo un traballador, este Fernandiño e os seus novos amigos: en dous anos ainda non teñen as contas que lles pedimos, pero teñen tempo para acaparar todos os cargos da parroquia.
Non hai que ir moi lonxe para saber como se deben facer as cousas: en Landoi levan anos e anos sen pedir para as festas, ademáis de ter avanzada a construcción dun Centro Social. Por certo, ademáis dos ingresos que xa ten a nosa parroquia, habería que engadir a parte da canteira que lle corresponde. Puidémolo comprobar personalmente na Delegación da Consellería de Industria nunha viaxe na que xa daquela nos acompañara o actual Presidente. Claro que para el é moito máis importante mandar á xente a pedir casa por casa. Ou tal vez é que agora non sabe ir só ata a Consellería.
Por suposto non falan para nada do cemiterio. Non podíamos esperar menos.
Falaremos do que suceda na asemblea neste blog, que como ven sendo por desgraza habitual, é a única fonte que proporciona información sobre a situación da parroquia da Pedra.

viernes, 23 de julio de 2010

Camiño da vergoña

Esta semana recibimos na oficina de Forestal Villar, empresa propiedade do portavoz da Plataforma, Manuel Villar, a visita dun ex-veciño, que había tempo segundo parece que non visitaba a parroquia. O motivo real desta visita era enviarnos un comunicado por parte da rectora da Pedra, informándonos que estaban moi molestos polo feito de non deixarlles pasar por unha pista e teren que dar un rodeo.

Este veciño estaba pouco ou mal informado, polo que procedimos a ofrecerlle unha explicación, ademáis de obsequialo con certos documentos que seguramente lle aclararán certas dúvidas.


A nosa postura

Non é a nosa intención perxudicar en nada á parroquia. A nosa condición para deixar pasar esa pista, e outras que teñen proxectadas, é que as persoas que cobraron por ir pedir o ano pasado (e sabemos que tamén este ano) devolvan os máis de 2000€ que cobraron. Entendemos que ese é un perxuício maior que o de ter que dar un pequeno rodeo.

É máis, e isto ímolo poñer en grande para que nos entendan ben:

SE DEVOLVEN PÚBLICAMENTE OS CARTOS, PAGAREMOS DO NOSO PROPIO PETO OS CARTOS DE FACER A PISTA POLO NOSO TERREO

¿Entendido? Creo que queda bastante claro.

Por certo, segundo tamén nos informou ese veciño, a pista parece que a pagou o Concello. Esperando esa confirmación, súrxenos unha nova dúvida: ¿Cambiaría a chaqueta outra vez Fernando Quiza?

A resposta a esa pregunta téremola nas próximas entregas desta traxicomedia. Nos próximos meses asistiremos tamén a novas citacións xudiciais dos membros da xunta rectora, algunha con sorpresa.


A fervenza do Lourido

A foto da entrada da páxina pertence a unha fervenza que está na nosa parroquia, no río Lourido e cuberta polas silvas. Mellor lle sería aos nosos xestores preocuparse de adecentar estes lugares para disfrute de toda a parroquia, en vez de adicarse a encubrir os roubos dos seus parentes e "regalar" a madeira da comunidade en subastas amañadas.

sábado, 26 de junio de 2010

Estafadores

Como xa falamos anteriormente, os delitos da actual xunta directiva a CMVMC da Pedra non se limitan a encubrir a anterior, se non que continuan a realizarse neste. Como mostra máis evidente, o ano pasado a nova xunta decidiu, coa excusa do Klaus, vender madeira dos montes comunais. Comunicouno en asemblea extraordinaria e a man alzada votouse unha autorización para comezar a recibir ofertas.

O luns seguinte á asemblea, membros da Plataforma foron informarse á delegación da Consellería de Medio Rural en Ferrol, xa que parte deses montes están consorciados. A resposta da Consellería: o prazo para presentar ofertas xa rematara e a madeira fora vendida "a bulto" a 12€/tm. Non houbo outras ofertas e a venda foi aprobada pola Consellería. Na Xunta lávan-se as mans, eles van cobrar igual a fin de mes. A día de hoxe, un ano despois, a CMVMC aínda non recibiu os cartos desa venda. Dos montes da Pedra saíron toneladas e toneladas de madeira durante o ano pasado.

É curioso, porque o actual presidente cando estaba nas reunións con nosoutros amosábase moi indignado porque "iso non se fai así, débense facer subastas a sobre cerrado". E agora fai o mesmo que os que estaban antes.

O precio da madeira de pino ronda en realidade os 20€ o puntal e os 45€ a rolla. E a madeira que se cortou era antiga, polo que tiña moita rolla. Para corroboralo aquí van dous documentos, que se poden atopar fácilmente na rede:
  • Precio mínimo acordado de Promagal 16€ para puntal e 32€ para a rolla. Enlace.
  • Precio mínimo de Euskadi Forestal para 2009, o ano do Klaus: 27€ puntales, 45€ rolla. Enlace.
E como eses pódese consultar a calquera experto que corroborará esas cifras. O "Klaus" non é excusa para o baixo prezo, como demostra o segundo documento. De feito eses prezos son habitualmente superiores. No caso da rolla pódese chegar a máis de 60€/tm dependendo da peza. Facendo cálculos rápidos (a xunta rectora non proporcionou, un ano despois, datos das toneladas, camións, personal, maquinaria, etc...):

45€ (prezo mercado) - 12€(prezo da venda = 33€ x 100 tm (4 camións) = 3300€

Con só iso xa temos para arranxar o mes, claro que foi moita máis a madeira que saiu dos montes comunais. Como ese beneficio nunca se perde, chegamos á conclusión que, ou ben o ten a empresa que "gañou" o concurso, ou ben foi parar ao peto dos organizadores da puxa, eles que presumen de seren tan "honrados".

A única resposta da xunta rectora é: "Está feito pola Consellería". Claro, e nosoutros chupámo-nos o dedo. Un fraude, por levar un sello da Xunta, non deixa de ser un fraude. Tras consultar alí, eles desenténdese da organización da puxa. Prácticamente só están para cubrir papeis e mirar de que polo menos se pague o IVA.


Situación actual

Na actualidade a xunta rectora está denunciada, tanto a anterior como a actual e ten varias causas pendentes das que deberá responder ante os colapsados tribunais de xustiza. Nós presentamos as denuncias para que estes actúen de oficio, polo que as queixas da xunta rectora de que "oblígan-nos a contratar un avogado", non veñen a conto de nada. Se son inocentes, non deberían necesitar ningún avogado, ou non?

Por outra parte, se o que se expón aquí é falso, entendemos que eles deberían denunciarnos. Se non o fixeron é porque saben que estamos desexando poderlle contar todo isto a un xuíz. Podemos demostralo todo e eles sábeno.

A xente tense que ir mentalizando de que ten que haber e haberá unha auditoría. É o noso dereito como comuneiros, o único que fan estes é retrasalo para mirar de ir safando e que vaian pasando os anos. E cando rebente, a merda vai salpicar a máis dun que pensaba que ía librar. Aínda queda moito por averiguar do que sucedeu eses anos na Pedra.

O calado apoio que está recibir a xunta rectora débese á suposta imaxe de honradez cultivada durante todos estes anos por eles. Honradez que nunca foi posta a proba e que agora se está demostrando que era falsa. En canto tiveron acceso ao poder demostraron ser igual ou máis caciques que os anteriores.

Parece ser que lles fode moito que exista este blog. Téñen a posibilidade de crear eles un e tamén de explicarse nas asembleas. Claro que nas asembleas por explicacións non se oen máis que insultos hacia a miña persoa. E cando estaba meu fillo presente, foi expulsado de malas maneiras, non sexa que fale e nos deixe en evidencia. Ésa é a súa idea de democracia: nosoutros falamos e os demáis calan. Por certo,

os únicos que teñen medo de saír en fotografías, son os criminais

hai políticos que ata pagan por saír nas fotos, pero resulta que estes son especiais, que non lles gusta que se saiban quen son nin o que fan. Canto menos se saiba, mellor.

Iso sí, están moi escandalizados porque neste blog hai alusións vagamente sexuais., segundo eles. Hai xente que se desloma por 500€ ao mes, xente que leva nos no paro, e estes veña, 700€ por unha consulta de 5 min... Alegría! Total non eran cartos seus. Se o foran quizabes habían mirar un pouco máis deles. Por non falar dos 18000€ por un xuizo do 2004 que se meteu con calzador no 2008 e que se puido evitar fácilmente, o IVA que Javier Yáñez e Daniel Montero Quiza se "esqueceron" de pagar no seu día, etc... a lista de trapalladas coas que hai que tragar asusta.

Despois si que se lles acorda mandar xente para ir pedir para as festas, porque non lles chegan os cartos. É mellor pedirlle cartos a pensionistas que cobran 400€, eles téñenche moito gasto. Non se lles acordou pedir o da lonxa de fungos, aquilo daba moito traballo. Seguro que había que facer moito papeleo. Habería que xustificar con facturas todo e iso non dá ganancia.

Todo isto sucede porque esta xente se empeñou en facer mal as cousas desde un principio. Son 7 ou 8 que siguen con fe cega ao seu líder, Carlos Miranda, e el xa pode dicir que se tiren pola ventá que eles farano sen pensar. Se quixera facer as cousas ben, aínda que só fora desde que eles comezaron, seguramente o blog e as denuncias non existirían. ¿Tanto é pedir que paguen Daniel e Javier os avogados do seu peto, que se fagan subastas públicas da madeira e que se lle deixe de pedir cartos á xente? Nosoutros cremos que non. Se estamos así é única e exclusivamente culpa deles.

Para rematar, vou lembrar unha das frases favoritas do noso Presidente, Fernando Quiza Luaces:

QUE SE ENCHAN!

jueves, 10 de junio de 2010

Lista de Delitos

A seguinte relación foi presentada como parte da documentación depositada nos correspondentes xulgados e coa que se formalizaron as respectivas denuncias. Sirva como relación básica, aínda que en absoluto completa dos diferentes indicios dos delitos cometidos pola anterior e actual xuntas rectoras da CMVMC da Pedra:

...

  1. Manuel Villar Villar es miembro comunero de la Comunidad de Montes Vecinales en Mano Común Herbeira, Miranda e Faro en la parroquia de A Pedra, ayuntamiento de Cariño, provincia de A Coruña.
  2. En el transcurso del año 2007 se celebró una asamblea de esa comunidad en la que se aprobó en votación a mano alzada la cesión de un terreno en la que figura una secretaria no elegida en asamblea. Ese terreno había sido comprado por la Comunidad de Montes sin pasar por la asamblea y cedido a una Asociación Familiar cuya junta directiva estaba y sigue estando compuesta por miembros de las mismas familias que eran respectivamente marido, mujer y cuñado.
  3. Dicho terreno fue cedido indefinidamente a la empresa Geriátrico Olas, S.L., propiedad de José Álvazez Pais y Miguel López Ten, con el fin de construir un geriátrico del que a día de hoy no se tienen noticias. Dicha empresa tiene sede social en la casa del antiguo médico de Cariño y en el que no se realiza ninguna actividad económica conocida. El anterior presidente de la Comunidad de montes, Javier López Yáñez poseía por entonces un terreo lindante con ese geriátrico.
  4. En la escritura de cesión del terreno figura una aval bancario por valor de 50000€ emitido por los propietarios de la empresa del que se desconece si se ha realizado su ejecución actualmente.
  5. Durante ese mismo año y el siguiente, se envió un burofax al entonces tesorero reclamando la presentación de los libros de cuentas y de actas de dicha comunidad para ese año y los anteriores ejercicios, al no tenerse constancia de haberse presentado con anterioridad. No se recibió respuesta alguna por su parte.
  6. Se enviaron otros burofaxes para reclamar la celebración de una asamblea en la que se aclaresen esos conceptos, que fueron ignorados sistemáticamente por la entonces junta rectora.
  7. Tras reclamar esos documentos, Manuel Villar Villar recibió una carta anónima amenazante contra su persona, advirtiéndole de que podría sufrir serios perjuicios si continuase por ese camino. Al cabo de unas semanas, encontró un artefacto presuntamente explosivo colocado para ser explosionado al por su vehículo. Dicho artefacto fue recogido por la Guardia Civil en su momento.
  8. Javier Lopez Yañez y Daniel Montero Quiza, por entonces presidente y vicepresidente de dicha comunidad, se negaron reiteradamente a presentar dicha documentación e incluso mostraron documentos no firmados como cuentas válidas en asamblea.
  9. Los anteriormente citados admitieron públicamente haber realizado una disposición en efectivo de 15000 euros de la cuenta de la comunidad aduciendo ser el pago del Plan de Montes, sin aportar ninguna factura que justifique esa disposición. Fuentes de la Consellería afirman que ese plan de montes fue pagado por la Administración.
  10. Ante tal negativa, fueron convocados por Manuel Villar Villar y Leonardo Perez Yañez, también miembro de la misma comunidad, a un acto de conciliación en el que se exigía que aportasen esa documentación, a lo cual los anteriomente mencionados no accedieron.
  11. En noviembre de 2008 se celebró una asamblea forzada con la firma del 20% de los comuneros en la que resultó elegida la candidatura presentada en el último minuto formada por Luis Fernando Quiza Luaces como Presidente y Carlos Miranda, Armada como secretario, ambos con vínculos familiares con la anterior directiva. Fueron elegidos con su compromiso personal de aclarar las cuentas de los ejercicios anteriores.
  12. Incumpliendo su compromiso previo, la nueva junta rectora aprobó las cuentas para el ejercicio 2008 en votación a mano alzada sin realizar previamente una auditoría de los años anteriores. Varios comuneros votaron en contra de la aprobación de esas cuentas por considerar que no están claras. Además abrieron un nuevo libro de cuentas en el registro empezando con un saldo inicial arbitrario en esa fecha sin dar ninguna explicación de las cuentas anteriores. Además de ese hecho, incluye en las cuentas de 2008, aprobadas con premura a comienzos de 2009, una factura con fecha 31-12-2007 por valor de 17000€, por servicios jurídicos realizados en el año 2004.
  13. Durante el año 2009 se realizó una venta de madera de la comunidad aprobada exclusivamente por la junta rectora sin realizar subasta pública y sin aportar ninguna garantía de libre competencia de los posibles pujadores. En ningún momento se informó del precio alcanzado por tonelada a los comuneros.
  14. La actual junta rectora contrató en 2009 a trabajadores sin contar con la aprobación de la asamblea.
  15. No se ha realizado una actualización del censo de comuneros, tal y como es obligación de la junta rectora. La actual junta rectora incluso ha admitido el voto de una persona no vecina de la parroquia, hecho que va en contra de los estatutos.
  16. Se tiene conociento que la anterior rectora había cedido durante años una parcela de 20 hectáreas para uso ganadero a una persona no comunera, aprovechando para obtener subvenciones públicas y con el total desconocimento de los comuneros. Esa parcela fue declarada este último ejercicio, obviando los ejercicios pasados.
  17. A finales de 2009 se envió un burofax en el que se requerían los libros de cuentas y de actas correspodientes a los ejercicios anteriores a la nueva directiva. En respuesta obtenida por esa directiva, se admite que no poseen esa documentación y que son conocedores de que la anterior directiva había mezclado las cuentas de la Comunidad de Montes con los de una Asociación Familiar de la parroquia, de la que ellos son también directivos.
  18. La comunidad de montes recibe anualmente una cantidad de 20.000 euros de ingresos por varios conceptos, además de la explotación de 1200 hectareas de cultivos forestales y pastizales. Los beneficios obtenidos en esa explotación deben ser invertidos principalmente en mejoras y cuidado de esos montes. Hasta la fecha no se tiene constancia de ninguna mejora realizada por parte ni da la anterior ni de la actual directiva.
  19. Como miembro comunero, solicito que se realice una auditoría de las cuentas a fin de aclarar el destino de los ingresos y gastos de la Comunidad de Montes y se depuren responsabilidades, ante la clara sospecha de que se han desviado fondos de la entidad a cuentas privadas.
  20. También solicitamos la devolución del terreno cedido a la empresa Geriátrico Olas, S.L. al no haberse realizado un cesión en regla y no haberse cumplido las condiciones que faciliten su construcción.

E todo isto, sen falar do cementerio da Pedra, do que tampouco hai contas e do estes caciques tamén se aproveitaron.

A VERDADE, DOE



miércoles, 19 de mayo de 2010

As festas da Pedra

Como ven sendo habitual todos os anos, este ano celebraranse festas na parroquia da Pedra. Temos constancia de que a xunta da Asociación de Veciños tratou con xente para que vaia pedir cartos para as festas. O que non sabemos é a cantidade que vai cobrar esa xente por ir pedir, algo que ademáis está prohibido nos estatutos da Asociación Familiar que prohíben que os seus membros realicen actividades remuneradas a favor da Parroquia (que cobren).

O ano pasado a xente que foi pedir cobrou unha cantidade que en total foi superior aos 2000€. Houbo algún/algunha que cobrou máis de 600€ e como xa indicáramos daquela sen ningún tipo de seguro nin contrato. En negro. Na Plataforma renunciamos a presentar denuncia no xulgado porque xa temos unhas cantas postas por motivos e cantidades bastante superiores, o que non quita que sexa un feito presuntamente delictivo.

Ata agora, a xente que fora pedir para as festas fora a iso, a xuntar cartos para poder facer as festas. En ningún caso percibiron ningunha cantidade e incluso chegaron a poñer cartos da súa parte en varias ocasións.

O que se pon de manifesto con esta actitude dos novos Caciques da Pedra é:
  • Por unha parte, son incapaces de crear un só posto de traballo fixo, o único traballo fixo que ofrecen é ir pedir cartos. E iso tendo en conta os abundantes recursos dos que dispón a parroquia. Lembramos que hai 15000€ fixos por ano, ademáis das miles toneladas de madeira que se cortaron.
  • Por outra, as contas da parroquia seguen a cero e hai que depender de cartos alleos para poder facer as festas. Noutras parroquias, coma Landoi, iso non pasa. Iso sí, as contas da famosa avogada Fátima Ojea Barcón deben de estar boiantes, porque entre ela e os caciques levan desplumado á parroquia (legalmente, iso sí).
Aproveitarse da necesidade allea é carecer de toda ética. Desde a Plataforma aconsellamos que cando os cobradores vaian pedir cartos polas casas, que lles pregunten que parte van recibir eles e exixir que lles dean un recibo numerado, no caso de que aínda desexen contribuír "á causa", para evitar problemas posteriores.

Por último, temos constancia de que a madeira que talou masivamente a directiva da Comunidade de Montes foi vendida a un prezo sospeitosamente baixo. Tan baixo que nos tememos que se consumara a legalización dunha fraude encuberta, polo que procederemos ás accións pertinentes.

sábado, 24 de abril de 2010

Protección de datos

Cando xa pensabamos que están todas as cartas encima da mesa, temos unha novidade de última hora: apareceron os dous cataláns "promotores" do xeriátrico da Pedra. Aparecen agora, catro anos despois do pufo que lle meteron á parroquia.

Estes dous desvergoñados contactaron comigo, Manuel Villar Villar, Portavoz da Plataforma para a Defensa dos Intereses da Pedra e autor deste blog, hai uns días por teléfono. O motivo da chamada foi ameazarme cunha denuncia por publicar datos seus neste mesmo blog, aducindo que vulneraba a Lei de Protección de Datos, LOPD. Despois de negarme a facelo, ofrecinme a ter unha reunión con eles, xa que aseguraban estar en Cariño. Eles negáronse a isto último.

Sobre a lei de protección de datos, infórmolles que a información aquí ofrecida é absolutamente legal e pública. Os datos de Miguel López Ten foron obtidos, entre outras fontes, da web "eInforma" e poden ser comprobados por calquera persoa que acceda a internet de xeito gratuito. Esa web limítase a recopilar a información que ofrecen os rexistros mercantiles, que por forza debe ser pública. Por outra banda, a escritura fora elevada a público. Membros da Plataforma pagaron as tasas correspondentes no notario para obter a súa copia, de xeito totalmente legal.

A lei de protección de datos non afecta á información publicada nesta web, xa que é toda absolutamente pública e legal. Ademáis de legal, aparece nos principais buscadores de internet, e ése debe ser o motivo de preocupación dos cataláns. Seguramente estaban a preparar outra "operación" das súas e atopáronse con que alguén deu con esta web e veu o percal. Se é así, esta web xa terá servido de algo.

Recordamos que toda a documentación sobre o xeriátrico, así como a relación de empresas das que Miguel López Ten é administrador está na entrada: "Escritura do xeriátrico". A outra persoa implicada, que tamén aparece na escritura do xeriátrico, é José Álvarez Pais. Os dous, súbditos cataláns.

Veremos como se vai desenrolando toda esta trama, que parece ter ramificacións cada vez máis complicadas.